Cultura

50 libros que tes que ler deste 2021

«La literatura teje y desteje desde hace siglos, un inmenso tapiz fabricado con las historias que condensan los hilos de la existencia humana», Almudena Grandes.

Para pechar o ano, queremos compartir algunhas das lecturas que fixemos perante este 2021 ou que mesmo vós nos fóchedes recomendando.

Esta escolma non pretende plasmar xerarquía algunha e aínda que sempre serán moitas as que falten, foron lecturas que nos acompañaron a moitas e que desexamos compartir conscientes dos posibles nesgos, mais tentando telos presentes de cara a realizaren unha selección diversa e plural dende o primeiro intre.

Cada título vai acompañado da súa portada e mais dunha breve descrición. Agardamos ser quen de achegarvos á esencia de cada unha delas e espertar o voso interese e curiosidade.

Tomade nota e desfrutade!


La Paramera, de Laura Acero (Laguna Libros)

La paramera de [Laura Acero]

A autora constrúe a obra empregando os relatos aportados por un grupo de mulleres reunidas no páramo de Sumapaz (Colombia) marcadas polas violentas desaparicións dos seus fillos e a vida cotiá que deben afrontar.

Cómo guardar ceniza en el pecho, de Miren Agur Meabe (Bartleby)

5 poemas de ‘Cómo guardar ceniza en el pecho’, de Miren Agur Meabe

A célebre escritora agasállanos coa tradución da súa nova obra, unha fermosa composición que se encadra na poesía contemporánea, na que amosa a concepción da vida como un transcurso do tempo vital asociado á continua aprendizaxe, reflexión e reconstrución persoal. O texto acadou o Premio Nacional de Poesía 2021, por primeira vez concedido a unha obra en éuscaro, e é, dende logo, candidata a ser a obra cumio da autora.

Migrantas: A nova diáspora galega contada por mulleres, de María Alonso Alonso (Editorial Galaxia)

A autora achéganos ás conversas entre as mulleres que hoxe conforman a nova diáspora galega. As protagonistas falan en primeira persoa abordando temas como o da pertenza ou o desarraigo e a falta de perspectiva de regreso por unha crise que as obligou a marchar sen oportunidade de voltar. A foto dunha xeración para a memoria.

Cantar es sobrevivir, de Sergio Álvarez (Seix Barral)

Recolle o fiel reflexo dunha sociedade dinamitada pola violencia, logo do Acordo de paz do 2016 entre o Goberno e as FARC, na que un periodista trata de sobrevivir ás vicisitudes que se lle presentan, todo pese aos conflitos sociais nos que o país está inmerso. Unha novela que a través do relato muta en melodía, retratando rexións onde a arma de loita e de resistencia deixou de ser violenta e converteuse en musical.

El buen sexo mañana, de Catherine Angel (Alpha Decay)

Un libro tan controvertido como excitante, que leva á reflexión sobre o consentimento, o pracer e o desexo dende a ambigüidade, a dúbida, os límites e os marxes. Unha contribución á linguaxe, todavía en construción, da sexualidade e o desexo feminino, tan negado e silenciado sistematicamente.

La bolsa o la vida: El coronavirus que desnudó y cambió a la sociedad, de Rosa María Artal (Roca Editorial de Libros)

la bolsa o la vida: el coronavirus que desnudo y cambio a la sociedad-rosa maria artal-9788418557385

Unha mirada crítica a un sistema que se amosou fallido na gran crise sanitaria do noso século. A recoñecida xornalista Rosa María Artal relata de xeito minucioso a historia e impacto do coronavirus no Estado español, a través do mediático, do político e do social.

Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, de Antón Baamonde (Editorial Galaxia)

Unha nova olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades gaegas e o norte de Portugal no escenario global

O filósofo Antón Baamonde realiza un extenso ensaio no que se plasma a Galicia como unha terra de oportunidades, na que o desenvolvemento da mesma está supeditada á mellora das conexións co país lusitano e á expansión das metrópoles galegas.

Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro (Edicións Xerais)

DEIXÁDENOS REMAR

Novela finalista do Premio Xerais 2020. A autora narra a vida nun modesto arrabalde trastornada coa construción dunha urbanización de chalés e a consecuente presenza de novos veciño. A través das voces das anónimas e humildes, convertémonos en espectadores do choque entre dúas formas de vida en contraste, dependendo do lado do muro que se habita.

Memorias y libelos del 15M, de Ernesto Castro (Arpa Editores)

Memorias y libelos del 15M

É unha crónica de carácter marcadamente persoal, na que se establece a narración da primeira mobilización cidadá, masiva e asamblearia que tomou as rúas o 15M. Un feito que se contrapón á actual situación de illamente social no ano no que se cumpre o seu décimo aniversario; unhas datas empregadas para remexer tanto na memoria persoal como colectiva daquel movemento que sacudiu as bases da política do antonte.

Minorías, de Desirée Bela-Lobedde (Plan B)

minorías-desiree bela-lobedde-9788417809874

A través deste ensaio a activista e comunicadora Desirée Bela-Lobedde achéganos ás testemuñas e vivencias de varias mulleres ás que diversas formas de discriminación atravesan de forma simultánea. Unha visión interseccional que nos invita a coñecer a través das conversas que se relatan no libro, a vida baixo os prexuízos e a consecuente expulsión aos marxes.

Azucre, de Bibiana Candia (Pepitas de Calabaza)

Azucre

Azucre narra a través dos seus protagonistas a historia silenciada de 1700 rapaces que na Galicia de 1853 emigraron a Cuba, onde acabarían sendo vendidos como escravos, negocio do que se aproveitaría o galego Urbano Feijóo de Sotomayor, coa fin de reducir os custos da man de obra africana. Un durísimo e estremecedor relato dun suceso que non é alleo ao noso século.

Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais)

Ledicia Costas é unha das máis ilustres e salientables figuras do panorama literario galego actual. Nesta nova novela, Premio Xerais 2021, regresa para narrar por medio de tres voces distintas, pertencentes a diferentes xeracións, a perspectiva de vida presente nas tres personaxes protagonistas: avoa, nai e fillo; na Galicia dos anos noventa. A obra amosa a problemática situación que se presenta cun narcotráfico en auxe, a imposibilidade da conciliación laboral e busca de novas oportunidades de emprego ou o coidado da terceira idade.

Pasionaria: La vida inesperada de Dolores Ibarruri, de Diego Díaz Alonso (Hoja de lata)

PASIONARIA

Un libro que profundiza na biografía de Dolores Ibárruri, unha das figuras fundamentais do s. XX. O historiador e xornalista Diego Díaz achéganos á vida de La Pasionaria, desde a súa xuventude ata a súa madurez, a través das múltiples Dolores que foron. A historia dunha muller común e excepcional.

La España de las piscinas, de Jorge Dioni (Arpa)

La España de las piscinas

Premio ‘Libro del Año en ensayo 2021’ polo Gremio de Librerías de Madrid. Jorge Dioni extrae as consecuencias sociopolíticas dos novos modelos de desenvolvemento urbano, como causa, entre outras, de fondas transformacións ideolóxicas e políticas. De como o deseño urbano fomenta o individualismo, a desigualdade e as implicacións disto na construción da realidade política.

La España precaria, de Alejandra de la Fuente (Foca)

LA ESPAÑA PRECARIA

Unha extensión do traballo da xornalista Alejandra de la Fuente popularmente coñecida pola creación da conta de Twitter ‘Mierda Jobs’. No libro a autora retrata o mercado laboral español e fai unha denuncia xeracional da precariedade que o atravesa no s. XXI; desde o académico pero tamén desde a experiencia e o cotiá, a través de anuncios de traballo degradantes, ofertas surrealistas ou condicións inhumanas. Unha realidade por veces esperpéntica pero aplastantemente realista e dura.

Las escribidoras, de Matilde de los Milagros (Ediciones Temas de Hoy)

Matilde é a fundadora do club de escritura creativa Las Escribidoras e co-fundadora da revista de xornalismo Volcánicas e o colectivo feminista Viejas Verdes. Este libro interpela á lectora interesada na escritura co obxecto de tender unha ponte entre o seu desexo e a materialización do mesmo.

Madrid será la tumba, de Elizabeth Duval (Lengua de Trapo)

MADRID SERÁ LA TUMBA

Unha mirada pesimista do Madrid post-15M, a través das vivencias dos integrantes do centro ocupado ‘La Casa Roja’ e da Organización fascista ‘Hogar Social Madrid’. Máis alá da ficción, a autora achéganos á evolución e configuración dos novos discursos de ultradereita, nun contexto neoliberal que nos aboca, a través dos protagonistas, ás frustracións presentes pola búsqueda dun sentido e dun propósito vital; unha crítica á teatralización da política a través dun retrato violento e apaixoante nun contexto devastador onde se abre un espazo para o amor entre Santiago, un neofalanxista de ultradereita, e Ramiro, un comunista convencido.

Con todo. De los años veloces al futuro, de Íñigo Errejón (Editorial Planeta)

CON TODO

O deputado realiza un pormenorizado análise da profunda transformación da política estatal acontecida nesta última década. Baixo este propósito, mergullarase nas orixes do 15M para iniciar a construción dunha lucida memoria política acompañada de suxestivas reflexións, conxecturas, premisas e debates que amosarán a faceta máis íntima do politólogo.

Desnortada, de Rosalía Fernández Rial (Espiral Maior)

DESNORTADA

É a recente galardoada como autora do mellor poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar. Vén de publicar un poemario composto por 54 poemas e un cedé con 8 poemas recitados de autoría propia e onde María Álvarez a acompaña co acordeón. A poetisa invítanos a mergullarnos nunha estimulante e íntima experiencia sensorial.

A viaxe xeométrica de Domingo Fontán, de Alberto Fortes (Edicións Laiovento)

Alberto Fontes constrúe un mesurado relato no que se narra a fazaña do matemático Domingo Fontán (1788-1866) para elaborares o primeiro mapa cartográfico de Galicia. Deste xeito, o lector poderá embarcarse nunha inesquecible aventura que terá inicio no Pazo de Sobrecarreira (A Coruña) no cal se comezan a tomar as primeiras medidas escollendo como punto de partida, sobre o que ubicar o resto das medicións, un dos campanarios da Catedral de Santiago.

Muere una mujer, de Juana Gallego (Luces Galibo)

muere una mujer-juana gallego-9788415117780

É unha das poucas obras que fala abertamente da violencia contra as mulleres. A autora elabora un traballado relato no que a vida de tres mulleres, situadas en distintos espazos temporais, é atravesada inevitablemente por este tipo de violencia endémica e normalizada no conxunto da sociedade.

La otra economía que no nos quieren contar. Teoría Monetaria Moderna para principiantes, de Eduardo Garzón (Akal)

La otra economía que no nos quieren contar

É unha oportunidade única para comprenderes a TMM, pois téntase explicar dun xeito sinxelo, claro e rigoroso unha das teorías económicas máis empregadas tanto académica como politicamente, despexando ás dúbidas e falsas crenzas ás que adoita estar vencellada.

Qué hace un negro como tú en un sitio como este, de Moha Gerehou (Ediciones Península)

Desde a perspectiva do cotiá e sen perder a mirada interseccional e sistémica, Moha Gerehou achéganos a través das súas vivencias á realidade do racismo no Estado español, desde o mesmo momento do seu nacemento ata a actualidade.

Un libro de carácter autobiográfico que nos achega, tamén, á evidencia a través dos datos, de que o racismo atravésanos de xeito estrutural, tanto na sociedade como nas institucións.

Yo, adicto, de Javier Giner (Paidós)

YO, ADICTO

Unha narración en primeira persoa de Javier Giner. Un relato de loita e de superación sen heroicismos, transparente e realista, tan duro coma conmovedor. O autor conta a experiencia do seu proceso de desintoxicación para superar a súa adicción ao alcohol e á cocaína. Un traballo pola desestigmatización dun tema tabú que acaba a diario con moitas vidas.

El cielo que perdimos, de Juan José Hoyos (Angosta editores)

El cielo que perdimos (Spanish Edition) de [Juan José Hoyos]

Angosta editores reedita a novela de Juan José Hoyos, un dos máis destacados cronistas de Colombia, capaz de plasmar con gran realismo a vida naquela Medellín dos anos oitenta, unha das peores épocas da historia colombiana recente. En El cielo que perdimos, o autor novela a vida dun grupo de mozos que debe afrontar os problemas ligados á violencia presente na metrópole.  

Hay alguien en mi plato, de Bárbara J. King (Plaza y Valdes)

HAY ALGUIEN EN MI PLATO

Co obxectivo de transmitir a necesidade de ver máis alá dos produtos empaquetados que compramos como alimento e de coñecer que pensan, que sinten e como actúan os animais como individuos con conciencia, a antropóloga Bárbara J. King achéganos ao retrato de 8 tipos de animais e ás conexións que nos unen a eles. Unha invitación ao coñecemento das vidas que nos acompañan de distintas formas no cotiá, á vez que nos son asombrosamente descoñecidas.

Por qué estamos polarizados, de Ezra Klein (Editorial Capitan Swing)

Ezran Klein é un destacado periodista político con máis de quince anos de ampla experiencia profesional. Presenta, neste Best Seller internacional, as razóns principais que propiciaron a polarización do panorama político estadounidense, explicando dende o auxe de polémicas personaxes como Trump ata a vitoria do actual presidente demócrata Joe Biden.

Privilexios ambientais. O reparto da natureza como causa histórica de desigualdade (Libros en acción)

Privilexios ambientais non é un libro para expertos en ecoloxía, como tampouco é un libro exclusivo para activistas ecoloxistas. Na súa elaboración hai unha expresa vontade por ser unha obra divulgativa e pedagóxica, sen que isto supoña restarlle profundidade ao tema tratado. Tamén é unha obra comprometida cun tempo en que a economía das elites globais están a poñer en risco a biosfera. Denunciando este feito, procura explicar a relación histórica entre a degradación dos ecosistemas e o fortalecemento das desigualdades, propoñendo unha síntese entre xustiza social e sustentabilidade ecolóxica.

Fálame dos silenciados, de Pablo L.Orosa (Luzes)

A obra atópase formada por unha recompilación de relatos recollidos polo periodista coruñés nas súas viaxes a América, Asia, África e o resto de Europa. López Oroso traballou como xornalista dando cobertura aos conflitos acontecidos nos lugares aos que ía destinado; unhas vivenzas que empregou para dar voz ás historias dos máis desfavorecidos.

Coidadora, de María Marco (Edicións Xerais)

COIDADORA

Premio Xerais de Novela 2020. Un relato fragmentado e poliédrico que conta a historia dunha moza que ten que deixar de vivir a súa vida tal e como a construira para coidar da súa nai, que ten unha enfermidade neurodexenerativa avanzada. Un relato honesto e profundamente humano que, através das reflexións da protagonista, achéganos a unha realidade cada vez máis presente no noso país.

Cruzando fronteras. Mujeres indígenas y feminismos abajo y a la izquierda, de Sylvia Marcos (Quimantú)

Vinculando e repensando a teoría feminista coa cosmovisión indíxena das mulleres que foron e son parte da experiencia zapatista, e co obxectivo de romper coas herencias da colonialidade do poder, a autora tráenos unha fonda reflexión desde os feminismos, reivindicando o diálogo, a construción de alianzas e o recoñecemento da diferencia como formas de alcanzar metas comunes.

Misión Economía: Una guía para cambiar el capitalismo, de Mariana Mazzucato (Taurus)

mision economia: una carrera espacial para cambiar el capitalismo-mariana mazzucato-9788430623822

Unha proposta en forma de guía para repensar un capitalismo en crise. A catedrática de Economía da Innovación e Valor Público fálanos da necesidade de abandoar a visión limitada dos Gobernos para reinventar o capitalismo contemporáneo a partires dun novo vocabulario no marco da economía política que guíe ás políticas e á actividade empresarial utilizando a idea de propósito público. Un enfoque ambicioso que reivindica o papel do público para o común.

O ganso salvaxe, de Mori Õgai (Irmás Cartoné)

O intelectual xaponés Mori Õgai  (1862-1922) foi responsable da introdución da corrente romanticista occidental no país nipón ademais de ser autor de sonados clásicos literarios producidos perante o período Meiji: O ganso salvaxe, A bailarina, O intendente Sansho…

Desta volta poderase desfrutar por primeira vez da súa obra máis persoal traducida ao galego; cunha coidada prosa capaz de concentrar tanto a evolución dos protagonistas como a intensidade dos seus sentimentos.

Caliente, de Luna Miguel (Lumen)

caliente-luna miguel-9788426408358

Unha lectura coral onde a autora pon a súa experiencia en diálogo coa de moitas outras escritoras que, antes dela, trataron o que é o tema central do libro: a sexualidade feminina. Luna Miguel reivindica e visibiliza a través de Caliente a moitas das invisibilizadas, poñendo no centro o pracer e facendo unha fonda reflexión sobre o xénero autobiográfico. 

¿Quién teme a lo queer?, de Víctor Mora (Continta me tienes)

¿quien teme a lo queer?-victor mora-9788412377378

Unha inmersión accesible e pedagóxica nas teorías queer a través dun minucioso traballo teórico que o autor acompaña das súas propias vivencias como parte de colectivos e movementos sociais. Sobre a necesidade de superar o inmobilismo e a rixidez e de seguir imaxinando, desde o colectivo, presentes e futuros posibles que posibiliten o potencial transformador necesario para construir o horizonte no que desenvolvernos e vivir libremente.

Lingüística se escribe con A: La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje, de Teresa Moure (Catarata)

Lingüística se escribe con A

Desde a perspectiva feminista e a historiografía lingüística, Teresa Moure achéganos un minucioso exercicio de xustiza polas invisibles recuperando a visión da lingüística desde o traballo das marxinadas, as académicas que construíron desde e polos marxes. Unha historia de ausencias, e todo un traballo de memoria.

M-Talá, de Chus Pato (Euseino? Editores)

Nesta edición, ademais de incluír o célebre poemario, compílanse unha serie de análises, versións e interpretacións sobre unha das obras cumio da poetisa galega Chus Pato. O volume tamén inclúe unha escolla de artigos e entrevistas que permiten aproximarse á faceta máis íntima da autora. Cabe lembrar que Chus Pato foi laureada co Premio da Crítica de Poesía Galega 2008 e o Premio Antón Losada Diéguez 2009.

Dejar de ser súbditos, de Gerardo Pisarello (Akal)

Dejar de ser súbditos

Un debate que adquire cada vez máis relevancia: a restauración borbónica. Gerardo Pisarello fai un repaso histórico das monarquías modernas e, en concreto, da dinastía borbónica hispánica nun libro que nos achega á comprensión dos intereses detrás da monarquía española e que nos invita a reflexionar sobre os desafíos republicanos dun horizonte por construir.

El libro de las ciudades, de Ana Rossetti (Siruela)

el libro de las ciudades-ana rossetti-9788418708602

Ana Rossetti relata a fundación das grandes cidades de Cartago, Atenas, Madrid, Medina Azahara e Varsovia a través dalgúns personaxes clásicos que a autora extrae de antigos mitos. Sen perder a perspectiva crítica respecto do papel das mulleres na Historia achéganos aos que foron os cimientos da nosa sociedade actual. 

Esta herida llena de peces, de Lorena Salazar Masso (Editorial Tránsito)

esta herida llena de peces-lorena salazar masso-9788412198096

Porque emprega unha narración descarnadamente realista para amosar a vida no corazón da selva colombiana, onde a beleza da mesma se contrapón cos terribles medos que afrontan aquelas maternidades e infancias flanqueadas pola extrema violencia.

Carta a un republicano español. La revuelta catalana. Unos meses que estremecieron a España, de Jordi Serrano Blanquer (Bellaterra S.L, Edicións)

CARTA A UN REPUBLICANO ESPAÑOL

Jordi Serrano, reitor da Universitat Progressista d’Estiu de Catalunya (UPEC), proxecta a súa percepción sobre o republicanismo español á par que amosa unha excelente reflexión sobre o panorama político actual. Realiza unha porminorizada análise entre o candente conflito catalán e o cambio de mentalidade producido nas novas xeracións. Amais, a obra contén un prólogo elaborado por Xosé Manuel Beiras, fundador e portavoz nacional da formación política Anova-Irmandade Nacionalista.

Globalistas. El fin de los Imperios y el nacimiento del neoliberalismo, de Quinn Slobodian (Capitán Swing)

O historiador Slobodian amosa como se urdiu a creación da corrente político-económica baseada na máxima defensa do sistema capitalista: o neoliberalismo. Baixo ese cometido, realiza un percorrido que abrangue dende a fin da Monarquía de Habsburgo ata nacenza da Organización Mundial do Comercio; periodo no cal se tentará atopar o xeito de lograr o illamento dos mercados globais fronte ás inestabilidades políticas e as demandas sociais.

Crónica da Galiza bizarra, de Calros Solla (Morgante Edicións)

Imagen de cronica da galiza bizarra.(morgante)

Nesta obra cobra especial interese a faceta do autor como conferenciante e defensor do patrimonio galego e a mitoloxía popular á que se atopa ligada. Desta volta Calros, gañador do Premio Johán Carballeira 2010, reúne até 125 breves e intrigantes relatos aparecidos nos xornais da Galicia entre 1845 e 1968.

La brecha y los cauces. El momento populista en España y Estados Unidos, de Jorge Tamames (Lengua de Trapo)

LA BRECHA Y LOS CAUCES. EL MOMENTO POPULISTA EN ESPAÑA Y ESTADOS UNIDOS

Nesta ocasión o investigador Jorge Tamames sorprende cun minucioso percorrido pola historia política recente de Estados Unidos e España. Á par, establece unha elaborada análise sobre a evolución dos movementos e formacións, situadas á esquerda do espectro político, a partir da década dos setenta.

Lenguaje inclusivo y exclusión de clase, de Brigitte Vasallo (Larousse)

LENGUAJE INCLUSIVO Y EXCLUSIÓN DE CLASE

Unha achega sobre a necesidade de abordar a linguaxe como realidade complexa para a emancipación. Unha reflexión sobre a voz política e a lingua subalterna, sobre as formas civilizadas do poder, os marcos do discurso e a hexemonía, desde unha moi presente e marcada perspectiva de clase e de xénero.

Galápagos, de Fátima Vélez (Laguna Libros)

Galápagos (Spanish Edition) by [Fátima Vélez]

Fátima Vélez constrúe un fermoso relato baseado na vida do pintor colombiano Lorenzo Jaramillo (1955-1992). A autora fai uso dunha esmerada narración mediante a cal constrúe un relato repleto de beleza no que se recollen as supostas lembranzas dunha viaxe a Galápagos antes do último alento do artista, enfermo de sida. 

Cultura e política na Galicia do s.XX, de Ramón Villares (Editorial Galaxia)

O prestixioso historiador e divulgador da Historia de Galicia, Ramón Villares, tráenos un novo ensaio que nos leva á Galicia do s.XX onde unha forte hexemonía cultural marcou os momentos máis decisivos do século a través da acción política. 

Fausto, de Johann Wolfgang Goethe. Tradución de Lois Tobío Fernández (Edicións Laiovento)

É unha magnífica ocasión para desfrutar, con esta nova edición, deste clásico da literatura universal traducido integramente á lingua galega. A tradución vén da man de Lois Tobío, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos e colaborador na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1931.

Hacia el Sur. Viajes por España de Virginia Woolf, de Virginia Woolf (Itineraria Editorial)

É a primeira vez que se recompilan as impresións máis íntimas da novelista británica nas súas viaxes pola España do pasado século. A obra está conformada por artigos, cartas e ensaios, algúns deles inéditos, de carácter reflexivo e con certa dose de sarcasmo. Ademais, inclúense ilustracións que amosan a paisaxe polas que Woolf transitaba. Por outro bando, os tres prólogos, elaborados por mulleres do mundo académico e literario, orientarán ao lector a situarse no contexto histórico no que transcorren os acontecementos.


Abrimos esta entrada con Almudena Grandes, escritora eterna e irrepetible que nos achegou á historia dos perdedores, e queremos pechala recordando a bell hooks, aclamada intelectual que se erixiu como unha voz fundamental na súa grande aportación aos feminismos interseccionais. Dela compartímosvos dúas lecturas: Enseñar a transgredir: La educación como práctica de libertad (Capitán Swing), publicación orixinal de 1994 e traducida este ano ao castelán por Marta Malo onde a autora ensalza a ensinanza como ferramenta para alcanzar a liberdade; e a republicación de Todo sobre el amor (Paidos), onde desafía a centralidade e concepción do amor romántico.

Feliz Aninovo dende a Equipa da Xanela!

SOBRE AS AUTORAS

Andrea Obenza Pérez. Graduada en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Activista ecofeminista en diferentes colectivos ecoloxistas galegos.

Inés Khalloufi Izquierdo. Estudante do Grao en Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela.

0 comments on “50 libros que tes que ler deste 2021

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: