Política

Manifesto por unha vida digna. Cara unha existencia garantida

Cúmprese un ano desde o inicio da pandemia mundial que puxo en xaque a todas as economías globalizadas. Foi xusto o 14 de marzo de 2020 cando o goberno de España decidiu declarar o estado de alarma e proceder ao peche de todos os servizos non esenciais e o confinamento de vivendas, nun momento no que apenas remontabamos as rabexadas da crise económica de 2008 e no que o ciclo político de impugnación ao réxime do 78 pechábase provisionalmente coa chegada da danada e debilitada Unidas Podemos ao goberno, da man e subordinado a un PSOE que comezaba a restablecer a súa hexemonía.

Este contexto tradúcese nun paradoxo, as esquerdas gobernan pero perderon a súa capacidade de iniciativa social e cultural. Gobernan acosadas ​​en tódolos flancos pola dereita e aparecen cada vez máis deslexitimadas diante daqueles sectores sociais que se mobilizaran o 15 de maio de 2011 para “non ser mercadoría en mans de políticos e banqueiros”, por “unha democracia real xa” e porque eran unha “mocidade sen futuro”. Parece que somos unha derrota que goberna. A pesar disto, a pandemia non rematou cos movementos sociais e un incipiente ciclo de protesta semella reabrirse. Desde as redes de apoio mutuo durante os momentos máis duros da primeira onda, os sindicatos de inquilinos e inquilinas que promoveron leis de regulación de alugueres, as propostas do Plan de Choque Social, até as recentes mobilizacións pola liberdade de expresión ou a colaboración en clave plurinacional co goberno de coalición, que exerce como motor de presión institucional para proseguir coas políticas de cambio social. Todo isto amosanos que non se acabaron as posibilidades de cambio nun sentido de xustiza social e dignidade.

Preséntasenos así unha situación político-social excepcional, onde a pesar das limitacións temos a posibilidade de obrigar a facer, de aproveitar os ocos e presentar as nosas demandas. E non podemos agardar máis, 12,3 millóns de persoas (o 26,1% da poboación) están en risco de pobreza ou exclusión social, non podemos continuar cun IMV que non chega á poboación vulnerable, non podemos continuar coa precariedade, con hospitais desbordados ou ameazas de desafiuzamento mentres as elites seguen enriquecéndose coa monarquía borbónica actuando como clave de bóveda deste modelo de empobrecemento das maiorías.

Por iso debemos avanzar na concreción dun programa, dun berro, dun clamor, que resuma todo este sentido de época. Avanzar na aplicación desa lei que garanta a tódolos membros da sociedade os medios para existir, que no noso contexto non poden ser outra cousa que todo un paquete de medidas de rescate cidadán consistentes nunha renda básica universal, unha saúde pública e de calidade e unha vivenda digna. Fagamos do lema “saúde, renda e vivenda” o noso “pan, paz e terra”.

Queremos dereitos porque xa fai moito tempo que cumprimos os nosos deberes.

Revistas asinantes: Agon, A Xanela, Debats Pel Demà

0 comments on “Manifesto por unha vida digna. Cara unha existencia garantida

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: