Cultura

O Son da Cultura

Cando cae o sol na cidade de Montevideo saen as comparsas, conxuntos de homes e mulleres, nenos e maiores, unidos por unha paixón: o tambor. Comenzan cunha fogata para quentar os parches e nun instante o grupo vese somerxido nunha burbulla de son. Os conxuntos artísticos recorren kilómetros e kilómetros a pé polos distintos barrios orientais, guiados polo ritmo ancestral. Para moitos turistas a tradición do Candombe é unha anécdota bonita que contar cando regresan ó seu país, mais para quen viven nesas terras todo o ano, isa música é un estilo de vida. A continuación quérovos contar a historia desta tradición, para inspirarvós a reflexionar sobre como a cultura galega pode tamén reivindicar ós escravos que moldearon a historia da Península Ibérica.

Uruguai é un país pequeno, habitualmente confundido con Paraguai ou Arxentina. Máis veces que non, aqueles que escoitaron falar de nós só nos coñecen polo fútbol, o mate e pouco máis. Todo isto é válido, pero non é moi representativo. Por exemplo, aos comentaristas deportivos gústalles facer mención da garra Charrúa cando falan de nós, un xesto de pouco tacto, xa que os loitaron pola independencia da nación tamén tomaron a precaución de aniquilar ao pobo Charrúa do territorio, máis notablemente no asalto de Salsipuedes en 1831 («Gobierno estudia con rigurosidad científica la matanza del 11 de abril de 1831 en salsipuedes», 2017). Poucos  vestixios quedan na cultura rioplatense diste pobo olvidado, mais hai outra minoría que fala cunha voz tan elocuente e universal que non se pode esquecer: os familiares dos antigos escravos africanos.

É difícil imaxinar un Uruguai sen Candombe, pero o certo é que a loita polo seu papel na nosa cultura foi larga e intensa. Hoxe en día os nenos medran quedando a durmir co son do tamborileo de fondo, coa tranquilidade de que nota a nota alí fóra estase a construír unha ponte cara unha cultura aberta, respetuosa e xusta. Sen embargo, non fai moito a situación non era a mesma. Os escravos chegaban as nosas terras pola forza, ao principio baixo a coroa portuguesa e logo a coroa española, co único propósito de xerar beneficios económicos para unhas persoas moi distantes (<amnistía catalunya>, s.f.). Nunha embarcación soían chegar membros de distintas tribus que nin sequera falaban a mesma lingua, e despois víanse obrigados a convivir xuntos nas aforas das terras dos seus amos. Moitas veces isto estaba feito a propósito para que os escravos non se puidesen comunicar e consecuentemente rebelar.

As xornadas de traballo eran intensas, inhumanas e a importación e fabricación de tambores estaba prohibida; aínda así os afrouruguaios operaron ás marxes da legalidade, ata que a súa música puido ter o lugar especial que se merece na cultura rioplatense, e finalmente ser recoñecido patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no 2009 («El candombe y su espacio cultural», s. f.). Os escravos desafiaron as forzas opresoras ata que non houbo medida que calara a voz dos tambores de madeira.

Coma é inevitable hoxe en día, o Candombe non sigue regras étnicas e as comparsas son agrupacións inclusivas onde o que importa non é a cor da túa pel ou o teu xénero, o único que se pide de ti é forza e dedicación. Os membros destes grupos son xente ordinaria, con empregos durante o día, que lle dedican cada semana horas do seu tempo libre a camiñar polas rúas co tambor ao lombo, e as mans salpicando sangue co contacto da pel tirante que cobre a madeira. As feridas lévanse con orgullo, unha clara sinal de que o amor á arte e á cultura ven dun lugar honesto e profundo da alma. Para os membros afrodescendentes é unha maneira de conectar cos seus ancestros, e para os uruguaios caucásicos é unha maneira de honrar á cultura que durante tanto tempo maltratamos no noso beneficio propio.

Eu non son experta na historia galega, pero cóntase que foi unha terra invadida por moitas civilizacións, das que se foron tomando elementos culturais ata crear unha identidade propia. O que eu propoño é que aínda queda espazo na cultura galega para incorporar unha profunda reflexión sobre o papel de África no seu desenvolvemento. De maneira directa ou indirecta toda a Península Ibérica recibíu os beneficios da man de obra gratuíta dos escravos.

Invítovos a tomar o tempo de coñecer este fermoso xénero musical, que acepta a calquera que queira participar, pode que a loita centenaria reflicta no ripiqueteo dos tamborís remova a chama que propele a procura da vosa liberdade cultural.

Bibliografía:

Amnistía Catalunya. (s. f.). La trata atlántica y la abolición de la esclavitud. Recuperado 31 de enero de 2021, de http://www.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/inf-esclavitud3.html

Chirimini, T. O., & Varese, J. A. (2012). Memorias del tamboril. Montevideo, Uruguai: Torre del Viga Ediciones.

Gobierno estudia con rigurosidad científica la matanza del 11 de abril de 1831 en salsipuedes. (2017, 24 abril). Recuperado 31 de enero de 2021, de https://www.presidencia.gub.uy/comunicacion/comunicacionnoticias/vazquez-consejo-ministros- l a-teja-genocidio-salsipuedes

El candombe y su espacio cultural. (s. f.). Recuperado 31 de enero de 2021, de h ttps://ich.unesco.org/es/RL/el-candombe-y-su-espacio-sociocultural-una-practica-comunitaria-0 0 182

Olaza, M. (2009). Ayer y hoy (1.a ed.). Montevideo, Uruguai: Ediciones Trilce.

SOBRE A AUTORA

Tatiana Jaén Lategui, estudou psicoloxía na Universidade da República. Actualmente vive en Galicia, onde intenta dárlle voz a Uruguai, o seu pobo latinoamericano.

0 comments on “O Son da Cultura

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: