Política

Repúblicas polos dereitos e as liberdades

O 11 de febreiro do 1873 proclamouse a Primeira República, que representou un dos intentos máis ambiciosos dos pobos e das nacións para camiñar cara unha institucionalidade confederal protagonizada polas clases populares nos municipios, nos territorios e nas nacións presentes no Estado español, así como para a liberación das colonias do xugo imperial. Esta data esquecida cristaliza un cúmulo de loitas populares e republicanas para reverter o centralismo oligárquico que históricamente representou a monarquía. A autodeterminación municipal e nacional quedou así concretada nun proxecto político e democrático para transformar o Estado. Ó tempo que considerou  a redistribución da riqueza e a conquista de dereitos sociais, civís e nacionais.

Esta enorme herdanza, que tanto peso tivo en experiencias democráticas transformadoras, como a mesma Segunda República, quedou (case) esquecida. A súa recuperación non é tanto un acto de memoria histórica senón de reivindicación política nun momento especialmente grave de crise no réxime. Os movementos republicanos dos pobos do Estado español, impulsados polas clases traballadoras e populares, foron o principal motor da emancipación social e política na nosa historia. Estaríamos hoxe, polo tanto, ante unha nova oportunidade de cambio, se os movementos sociais e as organizacións de esquerdas son quen de conxugar as aspiracións de democracia política e de xustiza social, en todos os ámbitos de explotación, opresión, dominación e depredación ecolóxica, para acadar unha maioría de idade e unha condición plena da cidadanía que a monarquía e o seu réxime nos negan.

A crise pandémica chegou despois dunha década perdida na cal os partidos do réxime impuxeron o neoliberalismo a golpe de garrote. A Lei Mordaza aprobada no 2012 é o cumio desta deriva. Empregada contra os movementos populares e soberanistas durante o primeiro estado de alarma, foi aplicada de maneira record en canto a sancións: máis dun millón. O uso desta lei contra o movemento pola vivenda, con multas ó parar os desafiuzamentos, é o enésimo intento para amedrentar a participación activa da xente na defensa dos dereitos civís e sociais, como o dereito á protesta e ó fogar. Esta represión coincide ca represión sobre os movementos soberanistas que nos últimos anos estiveron no punto de mira do Estado.

A loita polas liberdades civís fai preciso non só derrogar a Lei Mordaza, senón tamén un programa que defenda a amnistía dos e das presas políticas para poñer fin á criminalización da sociedade civil e o dereito á autodeterminación, ata recoñecer a independencia nacional se así o desexa a nación en cuestión. Non é casual que coa chegada das experiencias democráticas mencionadas, a campaña pola amnistía e as liberdades civís das clases populares fose unha constante contra o peche autoritario ó que recorren as elites.

Nas loitas republicanas do noso tempo o feminismo está chamado a xogar un rol clave ó denunciar todas as desigualdades políticas e civís, no público e no privado, que subxugan ás mulleres a unha condición de servidume. A emancipación e a conquista de dereitos por parte do movemento feminista expresa, de feito, as mellores virtudes republicanas ó pretender derrubar as estruturas de poder do patriarcado: en moitas ocasións as activistas republicanas e as feministas combaten unha mesma estrutura desigual de poder aplicada a diferentes ámbitos, esta é, a do soberano que goberna despóticamente, xa sexa sobre o Estado, sobre a empresa no frenético capitalismo de plataformas, sobre o fogar ou sobre os corpos.

A época esixenos estar á altura. No transcurso da presente crise vírica, pero tamén económica, destaca o aumento da concentración da riqueza en cada vez menos mans mentres enormes sectores de case todas as clases sociais se empobrecen a marchas forzadas. Fai falta, pois, un programa mínimo de transformación económica e social que conquiste o dereito á vivenda (regulando os alugueiros en todo o Estado e parando os desafiuzamentos), que garanta a saúde pública (ca mellora das condicións laborais do persoal sanitario e a reconstrución dun sistema sanitario público); e que estableza o dereito á existencia con novos mecanismos como a renda básica. Trátase, pois, de emprender un proxecto de transformación ecosocial fronte á alternativa industrial militarista do réxime que deixa desmantelar a industria civil namentres se lle dá prioridade á venda de armas a réximes ditatoriais. Unha transformación, en suma, que garanta unha orde xusta e segura dirixida polos pobos fronte ás reformas dun bloque neoliberal (progresista cando lle convén) nas que o PSOE semella atoparse máis cómodo, no compadreo compracente cos magnates do oligopolio enerxético e inmobiliario.

Obxectivos estes que deberían acompañarse da man dunha reforma fiscal que, seguindo a estela da Taxa Covid, grave as grandes fortunas, as transaccións financeiras e poña fin ó fraude fiscal das grandes elites, entre as cales se atopa a monarquía. Desta maneira o programa mínimo verase financiado dun xeito xusto, aspirando á superación das desigualdades e fiscalizando as grandes fortunas.

A monarquía é a clave do peche elitista e autoritaria do Estado, como continuamente se pon de manifesto na resistencia que atopa todo intento de investigación seria sobre a súa corrupción. Non cabe senón oporlle unha alternativa que descorra nos termos mencionados. O sentimento popular republicano en Cataluña e no resto de pobos do Estado Español, como amosan as enquisas máis recentes, reflicte a cobiza popular por estas mudanzas. Fai falta construír alianzas que permitan avanzar cara un Pacto de San Sebastián do século XXI para tombar o réxime monárquico e comezar a conquistar as Repúblicas da xente traballadora. É hora de avanzar cara procesos constituíntes en favor dos dereitos colectivos, as liberdades e as soberanías dos pobos do Estado.

Revistas asinantes: Catarsi, Viento Sur, Nortes, Sin Permiso, Agon, A Xanela, Maig, Realitat, Sororis Causa, Debats pel Demà, Institut Sobiranies.

0 comments on “Repúblicas polos dereitos e as liberdades

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: