Sendeiros de Gloria, Kubrick bailando cos Deuses

Como millenial sempre rexeitei as proposicións dos meus pais de ver películas en branco e negro, parecíanme cutres e aburridas. Tardei moito en darme conta do meu erro, pero se serviu para descubrir películas como esta, direime a min mesmo que mereceu a pena.

Sendeiros de gloria (Paths of glory, 1957) afástase da idea preconcebida de extravagancia dos filmes máis coñecidos de Stanley Kubrick (Nova York, 1928). Trátase más ben dun ensaio de puro cine, dese que che atornilla a butaca e que te deixa pensando tempo depois.

Baseada na Primeira Guerra Mundial, o filme narra, no transcurso dunha batalla, a desesperada carreira do capitán Dux (Kirk Douglas) por salvar a vida de tres soldados franceses  acusados de cobardía para encubrir o fracaso do Xeral Mireau (Geroge Macready) no asalto á ficticia colina das formigas.

Kubrik non precisa máis que 1 hora e 28 minutos para estremecernos coa crueldade da guerra, moi alonxado dos formatos de máis de dúas horas aos que estamos habituados.  Non  necesita contínuas peleas de superheroes en grandes capitais para impor un ritmo que non nos deixa nin respirar. Tampouco precisa ningunha cor para amosarnos o sangue de homes inocentes intercambiado por honras nacionais que de pouco sirven na mesa dunha viuva.

A fantástica interpretación de Douglas lévanos da man da frustración e impotencia neste “sendeiro” no que o capitán Dux vese incapaz de atopar unha sola persoa que sinta a mínima empatía ou sequera conciencia pola vida humana.

Pero este filme é mais que iso, é un canto antibelicista, un alegato ao valor da vida e un cruel retrato da guerra e as súas consecuencias. Un xogo que comezan uns e pagan outros, aqueles que son sacados dos seus fogares e colocados nun taboleiro de xadrez.  Non deixa de ser estremecedor como entre tantas persoas a ningunha parece perturbarlle o asesinato de homes inocentes.

Para a historia quedarán escenas de paseo polas trincheiras cos soldados aos lados, como apuntou o meu bo amigo Rubén Méndez, ou esa última escena na que uns relaxados soldados franceses cantan na cantina xunto a unha moza alemana, como se o horror no que vivían non existira por un intre. Mención merecen así mesmo as logradas escenas bélicas, conseguidas sen o uso de ordenadores.

En definitiva, e sempre na miña opinión, cando se xuntan todos os ingredientes o resultado só pode ser unha película maestra, unha desas que un debe ver se quere probar a esencia do séptimo arte.  Sempre claro, na opinión dun humilde servidor.

Alberto Martínez Sío. Enxeñeiro da Enerxía pola Universidade de Vigo e estudante do Máster en Enxeñaría Industrial pola UPV. 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s