Disputar o sensible

As producións culturais, en tanto que se refiren ás marcas da nosa experiencia e mobilizan afectos, abren unha disputa do sensible. Os contidos musicais ou televisivos non deberían ser desbotados por aqueles que queren mudar as cousas cara un sentido máis xusto.

Movimientosur.cl

¿Que estilos de intervención debemos defender para, por exemplo, comentar as grandes producións culturais e manifestacións estéticas (cine, música, televisión, etc)? Cando un artista moi recoñecido publica unha canción, cando unha figura do mundo do deporte opina sobre un tema sobre o que non acostuma falar ou cando na televisión se sucede algunha polémica, sempre intervimos e damos a nosa opinión sobre tales sucesos. Especialmente nas redes sociais e nos espazos dixitais as nosas posicións quedan escindidas entre a celebración ou a impugnación daquilo sobre o que opinamos.

Entre as persoas con conviccións democráticas e socialistas, un dos estilos de intervención máis dominante é aquel que, dende unha posición elitista, desbota tódalas producións culturais mediatizadas ou popularizadas argüindo que producen pasividade no espectador e reforzan o sentido común dominante (de lexitimación das desigualdades).

Cando o noso grupo de música preferido saca unha canción e esta contén unha serie de contidos que son directamente machistas ou clasistas, é unha tarefa moral daqueles que se senten agraviados sinalalo. Así con cada un deses contidos até conseguir que todos reparemos en como naturalizan unha orde chea de arbitrariedades.

Pero este horizonte de sentido (pola defensa dunha orde máis xusta) non debería confundirnos sobre cal é o sentido das producións culturais, ¿Non son as cancións ou os programas de televisión espazos onde se mobilizan os afectos? ¿Non están precisamente a invocar a experiencia sensible de todos? ¿A abrir un relato que é imposible de pechar? O momento da denuncia de tales contidos non deberían confundir o desexo de fundar un relato cos contidos do mesmo. Ese desexo de enunciar algo é irredutible.

E é neste punto onde penso que se abre un gran interrogante para aqueles que queremos un mundo máis xusto. ¿Como debemos intervir cando se produce un avance nos relatos comúns desas producións? ¿Seguimos impugnando os contidos directos, desta volta, por non ser suficientes?

Creo que os estilos de intervención deberían ir na liña de celebrar calquera avance significativo. En tanto que politizan a dor (comunican e expresan publicamente o agravio) que Bad Gyal fágase eco das plataformas anti-desafiuzamentos ou que Bad Bunny introduza no seu relato a liberdade sexual e afectiva das mulleres son sucesos a apreciar. Pero non son suficientemente apreciables dende unha análise do inmediato ou daquilo que se esgota no mesmo acto desas intervencións ou producións (isto é insuficiente/isto é marabilloso), senón que o son poñéndoos en relación con outros fenómenos e contextos que axuden a percibir os avances no sentido do seu relato (Bad Gyal abre unha fenda no mundo musical comprometéndose coa causa, Bad Bunny introduce perspectivas avanzadas no seu relato con respecto a outras producións musicais).

Sen menosprezar o rigor daqueles que queren intelectualizar as producións culturais, os cales fan un traballo de análise necesario, penso que se é o estilo de intervención que producen consiste en xerar debates entre vangardas sempre correrá o risco de ser minoritario, producindo identificacións que só buscan autoafirmarse como minorías dentro dese amplo espectro de “masas pasivas e espectadores alienados”.

Se se quere ser radical á par que maioritarios, se se quere constituír un proxecto hexemónico, non só deberíamos detectar que dispositivos culturais son capaces de conformar sentido, senón que deberíamos ter a capacidade de comprender que toda transformación no sentido común implica un momento (contraditorio, imposible de pechar) no que se artellan as marcas das experiencias previas cos desexos e anhelos das persoas. Este presuposto fai quiméricos a aqueles enfoques que pensan a transformación dos sentidos como a “cancelación do anterior” e a “imposición do novo”.

Non existen sentidos novos que non arrastren sentidos anteriores. De pensar o contrario corremos o perigo de caer nunha constante autorrefencialidade, como se non houbese ninguén máis aló de nós. Iso é renunciar á disputar o sensible e a mobilizar os afectos cara fins xustos, e o que é máis importante, é agasallar aos cínicos o monopolio do lúdico. As batallas culturais que pretenden transformar o sentido común dende a absoluta exterioridade con respecto a este só se dirixen cara un lugar: a impotencia.

Se queremos un lugar fermoso na terra hai que disputar o sensible.

Nicolás Filgueiras González. Graduado en Ciencias Políticas y de la Administración por la Universidade de Santiago de Compostela (USC). Escribe sobre diversos temas, pero se interesa especialmente por el campo de la teoría política.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s