Sociedade

Bye, have a good life

O algoritmo de Youtube recomendoume hoxe un vídeo dun estudante norteamericano de 1999. Neste vídeo gravábase o seu último día de instituto. Máis alá da estética dos noventa, o que me chamou poderosamente a atención foi que moitos estudantes despedíanse dicindo “bye, have a good life”. Isto fíxome reflexionar sobre o rápido que muda o noso xeito de entender as relacións interpersoais.

Penso que o que cambiou principalmente foi a concepción que temos do espazo e tempo compartidos. Aqueles mozos eran conscientes de que a moitos dos seus compañeiros non os ían volver ver. O tempo que tiñan para estar xuntos chegaba ao seu fin e o espazo que os mantiña unidos desaparecía. Sabían que afrontaban entre todos un avance nas súas vidas e ese “bye, have a good life” representaba unha mostra de apoio.

 Agora, vinte anos máis tarde, baixo o imperio das redes sociais, creo que o tempo mailo espazo compartido nunca acaban de disolverse. Temos a opción permanente de visitar o perfil daquela persoa que se sentaba no pupitre de diante. Instagram, Facebook ou Twitter actúan dunha maneira atemporal e omnipresente. Pode que isto inflúa na importancia que lle damos ás nosas interaccións socias. Ao estar sempre conectados, é dicir, nun tempo e espazo permanentes, quizais a implicación emocional que asumimos na relación que mantemos con aqueles que nos rodean sexa moito menor.

Con isto non quero reivindicar un tempo que non vivín. Tampouco sei se o noso xeito de relacionarnos é mellor ou peor agora que a finais do século XX. O que si podo asegurar é que no meu último día de instituto non escoitei ningún “adeus, agardo que che vaia ben”.

Rubén Méndez Alonso. Estudante de Bioloxía pola Universidade de Vigo (UVigo).

Non hai mundo fóra dos muros de Verona, só purgatorio, tormento, o mesmo inferno

0 comments on “Bye, have a good life

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: