O que arde é o galego

Fotografía: Noelia Abalo Alvariño

-Breogán, Roi, Aldán, Ivo, Zeltia…e por último, eu-.

Acabo de descubrir que me podería ter chamado Lúa. Si. Pero por aquel entón a miña nai preferiu que fose a miña avoa materna quen escollese o meu nome, Tania. Un nome moi bonito por certo. Así non me quedou máis remedio ca o de aceptar que de todos os meus irmáns, que tampouco teño poucos precisamente, cinco para ser exactas, eu son a única que responde a unha denominación estranxeira. Case poderíamos dicir que unha parte da miña familia, composta por nada máis e nada menos que de seis persoas, eu nacín sendo eucalipto. A diferenza é que este tipo de eucalipto sobrevive intentando preservar a vexetación e a fauna autóctona da terra que o viu medrar. 

Imaxino que esta constatación tan real como dolorosa me xurdiu tras un dos diálogos que manteñen os protagonistas da película que resultou vencedora do Festival Cannes, O que arde, e que logrou posicionarse entre unha das miñas preferidas grazas a dureza e a autenticidade das súas escenas. Dicíalle Amador Coro a Benedicta Sánchez, súa nai na ficción: “Mira os eucaliptos como sobresaen. Son unha praga e afogan a calquera que teñen ao seu carón”. O caso é que razón non lle faltaba. Os eucaliptos chegan a ser invasivos e destrutivos, opresores da propia veciñanza coa que conviven. E é por iso que a min non me supón ningún problema afirmar que un claro exemplo de eucalipto pode ser o castelán fronte ao galego. 

Fotografía: Noelia Abalo Alvariño

Neste filme dirixido por Oliver Laxe exprésanse, mediante unha linguaxe audiovisual completamente sincera, as consecuencias que implica para un pobo a propagación dun incendio e a súa posterior adaptación nun medio no que se acaba de exterminar toda unha cultura. Porque como di Fran Alonso, autor do libro “Cartas de amor”: “nunha guerra aínda que todo remate, en realidade, non remata nada”. E non remata nada cando, ademais de contribuír a emigración da poboación afectada, que acaba de quedar na pobreza absoluta, se consigue prender fogo a unha lingua que está sendo xustamente falada polo rural. 

Benedicta non só representa esa figura vencellada á muller da aldea, do rural profundo, senón a da aquela nai desprotexida e indefensa despois de máis dunha década soa ante o mundo. Igual ca a situación da nosa lingua materna fronte a política lingüística iniciada en tempos de Manuel Fraga e que persiste a mans do señor presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Desta maneira, en Benedicta atopamos unha personaxe que no seu afán de ofrecerlle coidados ao seu fillo que acaba de saír do cárcere, o primeiro que lle pregunta é se ten fame. Non sei, ao final, todo o mundo desexa ser un Amador que é rescatado por unha Benedicta, do mesmo xeito ca lingua galega renace na boca dun galegofalante ou de calquera que a aprenda ou a retome. De aí que deteste o adxectivo “neofalante” para referirse ás persoas que conforman este último colectivo, xa que a miúdo se lles fai responsables dun negocio como o da plantación de eucaliptos do que se lucra xente dunha condición moi distinta ou, noutras palabras, do circo de farsantes, comezando polo “cabeza de turco” previamente mencionado, que se agocha detrás do Goberno autonómico. Semella que se culpabiliza a poboación de contribuír nun lume aceso cara o que loita sen soltar a mangueira. 

Fotografía: Noelia Abalo Alvariño

A min gustaríame contar cunha Benedicta que me preguntara se teño fame de falar na miña lingua nai e eu contestarlle que si, que se antes vía como unha obrigación o feito de que na miña casa estivese terminantemente prohibido empregar o castelán, agora o observo desde a óptica da necesidade que implica a súa continuidade presente e futura. 

O galego é ese idioma que apagan e volve a emerxer entre as cinzas, coma o cabalo que lle aparece ao corpo de bombeiros da serra dos Ancares logo do incendio. En “O que arde” expoñen, sen pretendelo, tódolos intentos que se cometen por prender lume a miña lingua, pero eu xa me asegurei de botar auga sobre ela.

SOBRE A AUTORA

Tania Nóvoa Paz. Politóloga e mestrado en Xornalismo e Comunicación Audiovisual.
Actualmente estudante do mestrado de Igualdade, Xénero e Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Un comentario

  1. Moi boa a cadea de equivalencias eucalipto=estranxeiro (castelán, castelán-falante) =praga.

    Moi ben o castelán,como enimigo nun xogo se suma 0: a fala.

    Moi ben que na túa casa te prohibirán falar unha lingua.

    Galicia ceibe dos “de fora”.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s