Política

COVID-19: golpe de Estado brando en España?

O presente artigo ten como obxectivo dar resposta á pregunta que o titula, facendo unha pequena análise do papel que están xogando os principais partidos da oposición en España durante esta crise sanitaria. Idea xa exposta no anterior artigo: COVID-19: xaque mate ao neoliberalismo?

Fonte: Elindependiente.com

Co obxectivo de dar resposta á pregunta formulada, despois de facer unha análise tanto do discurso como da actitude común do Partido Popular e de Vox obsérvase que a dereita en España leva orquestrando unha campaña mediática dende o comezo da crise sanitaria que estamos a padecer, a través de bots, bulos e fake news en connivencia cos medios de comunicación de masas, que ten como obxectivo final derrubar ao goberno formado polo PSOE e Unidas Podemos a través dun golpe de Estado brando.

Que é un golpe de estado brando?

O politólogo estadounidense Gene Sharp definía  ao golpe de Estado brando como un “conxunto de técnicas non violentas de carácter conspirativo , que teñen como obxectivo desestabilizar ao goberno e provocar a súa caída”.

Por que a acción política do PP e Vox está encamiñada cara un golpe brando? O propio Sharp estipula que este tipo de estratexia desenvólvese a través de cinco etapas, de xeito xerarquizado ou simultáneo, e analizando a acción política do Partido Popular e Vox durante este último mes as semellanzas entre o que propón o politólogo estadounidense a actividade política dos mesmos é moi contrastable.

Cabe dicir que estas etapas non deben ser tomadas como un axioma, xa que se poden dar casos nos cales teña lugar un golpe de estado brando e non se cumpran parte delas.

Cales son esas etapas e as semellanzas?

1ª.  Esta primeira etapa ten como principal obxectivo o debilitamento do goberno, polo que consiste en atacalo a través de acusacións de corrupción, criminalidade, inseguridade, etc, coa finalidade de crear unha sensación de histeria e intriga colectiva ao mesmo tempo divulgar falsos rumores e noticias para a implantación das mesmas.

Maldita.es
Twitter.es

En España relacionados con esta etapa temos numerosos exemplos, como as diferentes campañas de descalificación lanzadas por Twitter a través de hashtags contra Pedro Sánchez e o resto do goberno. Outro exemplo son os númerosos bulos e fake news, como o que acusaba a Pablo Iglesias e Irene Montero de ter dúas ambulancias na porta da súa casa.

2ª. A segunda das etapas para levar a cabo un golpe de estado brando é que se denomina como deslexitimación, polo que consiste en poñer en dúbida a lexitimidade do goberno realizando ataques de índole ideolóxico, como a acusación de comunistas, populistas, totalitarios, ou que poñen en perigo a liberdade de prensa e que avogan polo pensamento único. Relacionado con esta segunda etapa, do mesmo xeito que na anterior, temos numerosos exemplos que indican que a dereita de este país intenta levar a cabo un golpe destas características.

Relacionado con esta segunda etapa, do mesmo xeito que na anterior, temos numerosos exemplos que indican que a dereita de este país intenta levar a cabo un golpe destas características.

PeriodismoDigital.es
Portada do Dirario ABC. 16-4-2020

3ª. Á terceira etapa, Sharp denomínaa quecemento da rúa. Para lograr este obxectivo a principal acción que hai que levar a cabo é a de manipular e alentar á cidadanía a que se manifeste na rúa contra a acción do goberno, chegando ao punto de, se ser necesario, empregar a violencia en ditas mobilizacións. Exemplo disto é a manifestación motorizada convocada pola dereita en Madrid para facer unha pitada a Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.

Twitter.es

4ª. A cuarta das etapas é a explica que é necesaria a combinación de diversas formas de loita, como poden ser a creación dun clima de ingobernabilidade, empregar as institucións para facer propaganda e entrar nunha guerra psicolóxica contra os gobernantes.

Actualmente en España o goberno está a sufrir continuas ameazas relacionadas coa retirada do apoio ao estado de alarma, non so por parte do Partido Popular, senón que tamén de partido que son considerados aliados como poden ser por exemplo ERC,  BILDU ou o PNV.

En  relación á guerra psicolóxica podemos establecer un paralelismo entre os numerosos ataques persoais que están a sufrir os membros do goberno dende a opinión pública ou dende as redes sociais e o obxectivo de derrotalos a nivel psicolóxico.

La Vos de Galicia. 30-4-2020

5ª. A última das etapas é a fractura institucional,creada despois de levar a cabo con éxito todas as anteriores, na que no imaxinario colectivo xa está lexitimado tanto o golpe como botar man da lawfare para facer caer ao presidente e ao resto do goberno, manténdose a mobilización cidadá nas rúas, promóvese o illamento internacional e prepárase o terreo para unha golpe militar ou unha guerra civil prolongada, de ser necesario.

Despois responder ás preguntas de que é e como se leva a cabo un golpe brando, podemos dicir que a dereita española está seguindo os pasos para provocar a caída do goberno progresista, formado polo PSOE e Unidas Podemos, e deste xeito aproveitar a estrutura de oportunidade política aberta coa crise do COVID-19 e pechala nun sentido reaccionario. Un dos exemplos máis clarificadores e que non foi citado con anterioridade é o consenso que existe entre as forzas de dereita para que o rei faga caer ao goberno e propoña o que eles denominan un “goberno técnico” completamente antidemocrático que quitaría a España da crise sanitaria e da recensión económica que se achega.

BIBLIOGRAFÍA

Sharp G. La política de acción no violenta. (1973). London. P Sargent Publisher.

SOBRE O AUTOR

Carlos Abelenda. Politólogo. Escribe sobre diversas temáticas, pero especialmente mostra interese polo ámbito da teoría política e os movementos sociais.

0 comments on “COVID-19: golpe de Estado brando en España?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: