Carta aos reitores das universidades galegas

O Sistema Universitario Galego vén de amosarnos unha vez máis a súa incapacidade para acadar un acordo favorable para o estudantado, un acordo que permita o desenrolo consensuado da actividade académica e da avaliación final nestas circunstancias que estamos a vivir.
En primeiro lugar, o feito máis recalcitrante para nós é o comunicado que se deu o 6 de abril, á hora de xantar; no que basicamente nos informan de que ata finais de abril non imos saber nada.
Vostedes, señores reitores das universidades galegas, parece que ou non se lembran de que o calendario de exames comeza dúas semanas despois das datas que nos están a dicir; ou parece que se sustentan nunha sorte de fe de que se poida retomar a avaliación de xeito presencial.
O primeiro parecer lévanos ás alumnas e alumnos destas universidades a manternos nun estado de inseguridade dende xa antes de abril ata finais de mes. Máis dun mes enteiro de angustia respecto ao que vai acontecer coa nosa avaliación. Un estado que sumado ás condicións de alarma, crise e confinamento interrompe decontado a nosa actividade educativa por moito que os profesores intenten, todos os luns ás 9 da mañá, continuar a súa clase por Microsoft Teams. Non podemos vivir un mes enteiro así e supoñer que temos que continuar có ritmo normal de estudo. Non. É lóxico que non. Precisamos dunha resposta coordinada, efectiva e precisámola xa!
O segundo parecer, “A fe de recuperar a avaliación presencial” deberían olvidala polo ben de toda a comunidade educativa. Por moito que se desactive o estado de alarma, será necesario articular a volta á rutina progresivamente, o que supón impedir as aglomeracións para evitar un repunte do virus. Ademais de que, se as clases presenciais xa se cancelan polo que resta de curso, non ten sentido a presencialidade da avaliación e isto cómese decontado o calendario académico do que vostedes se xactan de manter por fe.
Por favor, agradecemos que levasen a cabo a partida para asegurar a infraestructura de rede das estudantes máis necesitadas, pero agradeceríamos que tivesen dado un paso máis, que suporía non xogar coa nosa saúde mental, que xa bastante deteriorada está: pois cando non sabemos se teremos que continuar pagando o aluguer da residencia universitaria, cando non podemos seguir o vertixinoso ritmo que supón o traslado virtual ou cando non temos as condicións óptimas para o estudo nos nosos fogares por cuestións de diversa índole (como as sonadas preocupacións económicas familiares ou as sonadas condicións psicolóxicas das persoas); tampouco poderemos respirar cando vostedes nos din que teremos que esperar ata finais de abril para saber que se vai facer.
Precisamos unha resposta xa! Sabemos que as universidades teñen a palabra e a decisión, como ben comunicou o Ministro Castells. Sabemos que teñen toda a competencia para que esta transición se faga con toda a equidade posible, e que se faga tendo en conta as condicións personais das alumnas; pois así mesmo se comunicou. Canto tempo máis queren esperar para dar un mandato ás docentes?
Non é tan difícil. A decisión pasa por supoñer, adiantarse e incluso ser visionarios respecto a que a avaliación presencial xa non poderá ser posible polo que lles mencionei. Así que terá que ser dixital. Estruturala dependerá das docentes, pero decontado lles propoño dúas posibilidades: a primeira, como ven reclamando o colectivo ANEGA esta última semana, que se suspenda o curso académico cun aprobado xeral non computable para a media. Isto suporía outras ferramentas educativas como a cesión do material escolar para autoformarnos e os cursillos ao principio do seguinte calendario académico para nivelarnos. A segunda, que a avaliación non se suspenda e se efectúe mediante traballos como xa fan en multitude de universidades. Isto suporía ampliar os prazos de entrega para poder acomodar os tempos que supoñen a avaliación pola súa entrega.
Por favor, sexan visionarios señores reitores!

SOBRE O AUTOR
JS Castaño
. Un estudante máis na Facultade de bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), agora na casa. Técnico medioambiental con aspiracións de poeta.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s