O sorpaso de China a Estados Unidos

Esta crise mundial podería reorganizar o mundo? Está China capacitada para xerar o sorpaso aos Estados Unidos?

Interpelacións constantes, carreira forzosa e precipitada para chegar ao trofeo (vacina) e tamén por ser actor protagonista no escenario que deixe esta pandemia, marcando así a batalla central do novo xogo exposto ao mundo. Por unha banda, EE.UU en plena guerra comercial con China, permítese falar de virus chino para formar unha nova marca publicitaria de defensa. Dende Oriente os discursos oficiais chinos difunden a propaganda de que souberon derrocar ao virus e ademais facendo unha labor de cooperación internacional, dando crédito diplomático de cara ao sorpaso que ten preparado cara os Estados Unidos. Estase a ver en Europa, con Italia e España como beneficiarios da solidaridade china, e deixa a descuberto a infrutuosidade da Unión Europea, carente de ferramentas para axudar de inmediato a outro estado membro da comunidade. Ao mesmo tempo, os medios oficiais de Pekín dan forma á teoría da conspiración, deixando entrever que o xigante americano tivo algo que ver co comezo do virus no seu país.

Pixabay.com

Hai dous factores salientables para poder definir á situación actual como a “Guerra fría do século XXI”, e son os seguintes: a actual guerra comercial do G5, sumado á carreira pola vacina do COVID-19.

As batallas dialécticas están servidas a todas horas e en cada momento que precisen oportuno. Trump leva tempo falando de virus chino nas súas declaracións, sempre intentando meter unha mensaxe de cara ao inimigo oriental. Mentres, o goberno chino da máis vida  a famosa “teoría do complot”, deixando caer que o virus foi introducido no seu país pola parte de militares estadounidenses que chegaron a Wuhan. Ambos poñen a maquinaria do medo a funcionar.

Xunto ao coronavirus difundiuse tamén unha cultura do medo, co obxectivo de facer dano na imaxe do goberno chino. Tivo repercusión cando se deu a coñecer a morte de Liu Zhiming, o médico que denunciou os segredos usados polo seu Goberno para esconder información sobre a infección. Pensan que o que fixeron os gobernantes chinos non o farían outros, como por exemplo os norteamericanos? É normal que queiran dosificar a información ata saber que teñen entre mans e como poder solucionalo. En situacións coma a que hai neste momento, a verdade pode ser fonte de desesperación e caos debido ao medo humano cara o descoñecido.

China, sendo supostamente o país que ten a maior responsabilidade neste asunto, toma a decisión de pór en corentena a toda a súa poboación, para que o virus non se expanda. Foi o primeiro país que aplicou o estado de alarma, sendo así o exemplo para o resto do mundo. Unha vez superada a proba de confinamento, os resultados sanitarios obtidos son bastante bos, logrando saír da urxencia e, así dar un xiro na estratexia xeopolítica respecto ao virus. Unha vez lograda a calma na curva de contaxios, o epicentro do virus trasladouse a Europa, principalmente a Italia e España. Con estes antecedentes, China tomou a decisión de cambiar a súa postura: pasou dunha actitude defensiva a unha ofensiva diplomática para poder transformar a súa imaxe a nivel internacional, buscando a desaparición das súas responsabilidades na orixe do virus. Nese sentido, China está facendo de potencia responsable e está axudando aos países europeos que precisan de axuda humanitaria e sanitaria. É o chamado “plan Marshall chino”. Os países máis afectados en Europa polo coronavirus víronse sen resposta colectiva, solidaria ou contundente pola parte da Unión Europea, isto fixo que ditos países aceptaran a axuda do país oriental.

Pekín non se quedou só en cousas solidarias, senón que ademais tivo a idea de expulsar do seu territorio a corresponsais con nacionalidade estadounidense, iso sí, en réplica á saída forzosa de sesenta empregados chinos de medios do seu país en territorio de Estados Unidos.

As fronteiras da xeopolítica do virus abríronse coma se estiveran programadas para afectar a uns cantos. É curioso que os primeiros países afectados foran China e Irán, dous inimigos de EE.UU, ou no caso de Europa que sexan os países do sur. As consecuencias van máis lonxe ao ver que o COVID-19 só chega a terreo estadounidense cando xa hai as primeiras probas de medicina que demostran a súa efectividade.

Xa co virus dentro das súas fermosas fronteiras, Trump deixa de falar de pequeno problema a chámao crise mundial. Primeiro chegou o veto de viaxes dende Europa (agás UK) e as liñas mestras dos estímulos económicos que pensaba impulsar para conter o esborralle económico. Agora mesmo as canles oficiais do goberno norteamericano cualifican isto coma unha crise equivalente a unha guerra.

Esta crise pon en evidencia o sistema sanitario americano, e máis sendo este un ano electoral. Queda demostrado o fracaso do neoliberalismo máis duro, sendo o talón de Aquiles dunha sociedade supostamente avanzada, das máis avanzadas do mundo. Trump intenta corrixir estes erros con “parches”, con cheques directos ao cidadán ou rebaixas tributarias para que a cidadanía estea cuberta nesta pandemia mundial.

Hai que repensar moi seriamente a que nos está conducindo este capitalismo agresivo e se serve para algo a globalización, sacando a relucir o pensamento de Estado-nación e esquecendo a comunidade. Estase a ver na Unión Europea, sendo un claro exemplo de falta de mecanismos para facer un estado de estados forte. O fin do coronavirus pode ser cedo ou tarde; se é pronto, todo seguirá igual, mudando ben pouco o pensamento, mais se tarda pode que xere un cambio de pensamento e a poboación xa non pense tanto en global, e máis de cara ao interior, xerando no caso de Europa, un eurocepticismo que pode fragmentar o que hoxe coñecemos como Unión Europea.

Se China é capaz de facer o sorpaso a EE.UU, pode que sexa o feito máis grande no século XXI de xeopolítica. Ademais do reto que plantexa a crise climática, tendo un papel protagonista e deixando unha boa imaxe no mundo.

Son estas suposicións propias, mais seguindo a lóxica dos actores políticos ten bastante credibilidade. Penso que a carreira pola vacina, e en definitiva por influír no escenario que deixe tras de si a pandemia, podería emular a carreira espacial coa diferenza de que se produce nun contexto de crise mundial con centos de persoas morrendo a diario.

SOBRE O AUTOR

Yonay Gómez Meira.  Graduado Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Escribe sobre temas relacionados con socioloxía, en especial os derivados da acción social.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s