Política

O fracaso do individualismo e a necesidade do común

Atravesamos días duros. Días que nos obrigan a repensarnos como seres humanos, como especie que habita este planeta. Foi necesaria a irrupción dun microorganismo para darnos conta de que non somos o centro do universo, de que somos minúsculos e prescindibles, unha forma máis de vida entre millóns. Posiblemente este golpe de humildade era necesario. Pensábamos que éramos propietarios da realidade, invencibles. Moi enganados estábamos.

A crise do Covid-19 está a poñer máis de manifesto que nunca a que debería ser a maior vergoña da nosa sociedade: as desigualdades económicas e sociais. Como lle podemos pedir a unha persoa sen teito que se quede na casa? Ou como podemos esixirlle a nosa infancia que continúe coa docencia online se hai nenas e nenos cuxa familia non pode permitirse ter internet ou un ordenador?

Fonte: FIAMC.org

Estamos ante o fracaso do noso modelo de sociedade. Moitos economistas neoliberais triunfantes durante as últimas décadas, paseantes por debates televisivos e sedes de partidos políticos, trataron de dicirnos que debíamos vivir en competencia, que a competencia levaba ao ben común. Impúxosenos esa mentalidade competitiva individualista que nos obriga a loitar en todo momento por ser mellores que os que nos rodean. E baixo esta priorización do individual sobre o colectivo xustificouse a hipótese de que o privado é máis eficiente que o público, de que había que privatizar toda actividade económica posible. A base das políticas neoliberais de destrución do común.

Foi necesario que chegase o coronavirus para desmontar toda esta farsa que certos sectores da sociedade aproveitaron de xeito astuto para facer negocio e enriquecerse. Creo que ninguén esqueceu aínda os recortes do Partido Popular a todos os servizos públicos nas últimas décadas. Tampouco as corruptas privatizacións a través das cales os seus amiguiños e eles mesmos se encheron de cartos a costa do diñeiro público que todas e todos nós aportamos cando pagamos os nosos impostos.

Pero cando a situación se pon fea evidénciase a diferenza fundamental entre o privado e o público: o privado ten como obxectivo prioritario maximizar os beneficios monetarios dos seus accionistas, mentres que o público é propiedade común de toda a sociedade e polo tanto o seu obxectivo principal é o beneficio colectivo. Residencias de maiores privatizadas nas cales se están a dar situacións realmente dantescas, empresas da sanidade privada que están a realizar ERTEs para borrarse do mapa e non ter que arrimar o ombro nesta crise… Son moitas as mostras de que só o público está sempre aí para defender e garantir as necesidades de toda a sociedade

Polo tanto, penso que unha das principais leccións que deberíamos sacar desta crise é que temos que garantir os dereitos fundamentais de todo ser humano a través do sector público e non deixalos baixo a dependencia do privado, que non é garantía de nada se non saca beneficio de por medio. A atención médica non debe ser un servizo ao cal só pode acceder quen pode pagalo, debe ser un servizo garantido. Por exemplo, en Estados Unidos, onde a sanidade é privada, o tratamento do coronavirus custa máis de 30.000 euros. Puro negocio a costa da saúde de millóns de persoas. Como este tantos outros dereitos fundamentais na vida dunha persoa: a vivenda, a electricidade, a auga, a educación, o acceso a internet, os coidados… Unha sociedade que quere presumir de avanzada e xusta debe ser unha sociedade na que o barrio ou a familia na que naces non determine se vas ter un profesional sanitario que te atenda cando enfermes ou se vas a poder estudar unha carreira universitaria.

SOBRE O AUTOR

David Vázquez Villanueva, estudante de Economía na Universidade de Santiago de Compostela. Integrante da área de Mocidade de Podemos Galicia.

0 comments on “O fracaso do individualismo e a necesidade do común

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: