¿Por qué é tan molesto Bernie Sanders para o establishment?

As primarias demócratas teñen ocupadas boa parte das portadas da prensa internacional. Durante o mes de marzo, Joe Biden consolidouse como o principal candidato demócrata, por diante do que até o momento parecía que chegaría primeiro ao final: Bernie Sanders. No Súper Martes (3 de marzo), Biden impúxose en 10 dos 15 estados nos que se que votaba, provocando a retirada no día posterior de Bloomberg. Co apoio deste último, e tras a vitoria en catro estados máis durante o martes 10, o último traxecto da competición apunta a unha derrota do ilusionante candidato socialista Sanders.

Fonte: En pocas palabras (2019): Multimillonarios. Dispoñíbel en https://www.netflix.com/ [consulta: 23 de novembro de 2019]

¿Que propón Sanders? ¿Por que se está a suceder unha alianza do enteiro arco demócrata contra este? A continuación reproducimos un extracto da entrevista realizada a Juan Laborda na que nos explicou a folla de ruta de Bernie Sanders.

Nas túas consideracións sobre o New Deal Verde, mantés que a vinculación deste xunto con políticas económicas que persigan o traballo garantido pode superar os catro piares nos que se sustenta o neoliberalismo: 1) o abandono do pleno emprego por obxectivos inflacionistas; 2) “o aumento da globalización dos fluxos de persoas, capital, e comercio”; 3) un enfoque empresarial que privilexia exclusivamente a maximización do valor para os accionistas sobre a reinversión ou o crecemento económico; e 4) “a localización de mercados laborais flexibles coa desintegración de sindicatos e traballadores”.

A realización dun New Deal Verde colleu forza na UE, por exemplo, na proposta realizada por Von der Leyen ou na de Ángela Merkel. Así mesmo, algunhas formacións políticas reivindicaron un Green New Deal para España, ou canto menos, intentaron colocar no debate a cuestión do decrecemento ou a da transformación ecolóxica: dende o New Deal Verde proposto por Sánchez durante este ano até a recente proposta de Errejón. Mirando cara o outro continente, nos EEUU figuras como Ocasio-Cortez ou Bernie Sanders tamén o reivindicaron. Ao plan de Sanders dedicácheslle dous artigos1 nos que o defines coma o “máis interesante” debida á “contía de diñeiro que mobilizaría”, “pola súa formulación como un instrumento de inversión pública, e por un calendario ambicioso e o plan de loita contra o cambio climático”.

¿En que condicións se debe formular un New Deal Verde? ¿Que fai ao plan de Sanders sobresaír respecto das demais propostas?

No actual contexto xeoeconómico onde nos movemos e que describimos, xorde a necesidade de aplicar novas medidas de política económica alternativas á ortodoxia dominante. Non se pode volver a repetir os erros cometidos durante a Gran Recesión, xa que foron o resultado da combinación de diversos factores. Por un lado, a esixencia de austeridade fiscal. Polo outro, un rescate bancario pagado polos contribuíntes. A isto engadamos a distopía derivada dunha depreciación salarial, e a súa incapacidade para entender as forzas deflacionistas actuais.

A alternativa: a Teoría Monetaria Moderna, pero trasladada a medidas e accións concretas de política económica –Plan de Traballo Garantido e un New Deal Verde-. De tódolos New Deal Verdes que se anunciaron, o máis interesante pola contía de diñeiro que mobilizaría -16 billóns de dólares-, pola súa formulación coma un instrumento de inversión pública, e por un calendario ambicioso é o plan de loita contra o cambio climático de Bernie Sanders. Propostas como as de Ángela Merkel, tan aplaudidas polos medios de comunicación, resultan grotescas ao mobilizar unha cantidade de recursos escasa (40.000 millóns de euros é ridículo), e por basearse en mecanismos de mercado, constituíndo un novo instrumento de extracción a favor duns poucos baixo a escusa do cambio climático.

Estas son as características que fan superior o Plan de Sanders:

i. Calendario

Os distintos expertos sobre cambio climático advirten que se os países queren limitar o quentamento global a 1,5 grados centígrados neste século, deben reducir até a metade as emisións mundiais para 2030, volverse neutros en canto ás emisións de carbono para 2050, e posteriormente ser negativos.

Mentres que a maioría de propostas políticas fixáronse o ano 2050 como meta para a neutralidade do carbono, o plan de Sanders esixe como meta intermedia descarbonizar o transporte e o impulso de enerxía, dúas das maiores fontes de emisións de Estados Unidos, para 2030, o que reduciría as emisións de Estados Unidos nun 71 por cento. O plan tamén pide a Estados Unidos que axude aos países en desenvolvemento a reducir as súas emisións nun 36 por cento para 2030.

Se Sanders chegase ao poder, o seu goberno tería menos de 10 anos para acadar este obxectivo. Neste momento, o consumo de combustibles fósiles segue a aumentar na produción de electricidade e nos automóbiles, camións, avións e barcos. E Sanders descartou a crecente dependencia do gas natural e da enerxía nuclear para reducir as emisións.

Non obstante, a campaña cree que pode acadar o seu obxectivo para 2030. “O New Deal proporcionou electricidade barata a Estados Unidos a través de esforzos como o da Administración de Electrificación Rural e as Administracións Federais de Comercialización de Enerxía”, di a proposta. “Se o goberno federal foi capaz de electrificar América baixo FDR sen computadoras ou sen ningunha das tecnoloxías modernas que hoxe temos dispoñibles, pensa no que podemos facer hoxe.”

ii. En termos de mobilización dos recursos públicos, é un New Deal

Tódolos contendentes presidenciais demócratas manteñen un consenso en que o goberno federal necesita investir moito máis en investigación, desenvolvemento e promoción de enerxía limpa, así como na creación de resiliencia da comunidade contra os desastres relacionados co clima, como o clima extremo, o aumento do nivel do mar e os incendios forestais.

Varios demócratas do 2020 pediron unha inversión de varios billóns de dólares, pero na letra pequena, estes plans inclúen financiamento público e privado. O plan de Sanders é notablemente diferente porque require máis diñeiro que calquera dos outros candidatos -16,3 billóns de dólares en total- e todo o presuposto de inversión provería de dólares federais.

O plan xera diñeiro de varias fontes, incluíndo 6,4 billóns de dólares en ingresos pola venta de enerxía a través das autoridades de comercialización da enerxía, 2,3 billóns de dólares por impostos sobre a renda dos novos empregos creados baixo o plan, e 1,2 billóns de dólares pola redución dos gastos militares relacionados coa protección das rutas do transporte de petróleo.

Ese diñeiro gastaríase en moitos programas de enerxía limpa e adaptación ao clima:

– 40.000 millóns de dólares para un fondo de resiliencia de xustiza climática para grupos de escasos recursos como os indíxenas americanos, as persoas con discapacidades ou os anciáns para prepararse de cara ao cambio climático.

– 200.000 millóns de dólares para que o Fondo das Nacións Unidas para o Clima Verde axude a outros países a reducir as súas emisións.

– 1,52 billóns de dólares para impulsar enerxías renovables e 852.000 millóns de dólares para o almacenamento de enerxía.

– 526.000 millóns de dólares para unha rede subterránea de transmisión da enerxía de corrente continua de alto voltaxe.

A proposta pretende amortizarse en 15 anos. E segundo Sanders, o prezo é unha ganga en comparación coa traxectoria climática de sempre. “Os economistas estiman que se non tomamos medidas, perderemos 34,5 billóns de dólares en actividade económica para finais de século”, segundo o plan.

iii. Vontade Política

Ademais do calendario e dos recursos necesarios é necesaria unha tremenda vontade política. Sanders está máis disposto que a maioría coa loita contra a industria dos combustibles fósiles.

No último debate presidencial demócrata, os contendentes mostraron a súa disposición a localizar e sinalar á industria de los combustibles fósiles como adversario. É un gran cambio dende que o presidente Obama se xactara do crecemento masivo das fracturas hidráulicas por petróleo e gas durante o seu mandato, ou dos baixos prezos da gasolina durante un discurso sobre o Estado da Unión.

Pero incluso entre os contendentes dispostos a combater aos produtores de carbón, petróleo e gas natural, Sanders adoptou a posición máis agresiva: ordenaría ao seu Departamento de Xustiza que persiga o procesamento penal das compañías de combustibles fósiles.

“Evadiron impostos, profanando terras tribais, explotando aos traballadores e envelenando ás comunidades”, comenta na súa proposta. “O presidente Bernie Sanders asegurarase de que o seu Departamento de Xustiza e a Comisión de Valores e Bolsa investiguen a estas compañías e encamiñen demandas, tanto penais como civís, por calquera delito, tal e como o fixo o goberno federal coa industria tabacaleira na década de 1980”.

A isto súmanse os chamamentos de Sanders para que se inicie un litixio civil, se aumenten as multas por contaminación, se aumenten os impostos aos emisores e se esixa aos produtores de combustibles fósiles que paguen bonos de risco por desastres.

Mentres que unha batalla contra o carbón, o petróleo e o gas natural pode activar a súa base, Sanders prepárase para unha colisión cun inimigo rico e poderoso. Os produtores de combustibles fósiles teñen una rede masiva de grupos de reflexión, grupos de presión e avogados que dende fai moito tempo frustraron as ambicións do cambio climático, e coa súa propia existencia en xogo, é probable que loiten máis que nunca con demandas, campañas de mensaxes e presión política.

iv. Loita contra o cambio climático e Traballo Garantido

Sanders afirma audazmente que o seu New Deal Verde “poñerá fin ao desemprego” baseado no número de traballadores que requirirá, 20 millóns de empregos. Actualmente, aproximadamente 6 millóns de estadounidenses están en situación de desemprego.

Estes postos de traballo están estreitamente vinculados á creación da infraestrutura verde necesaria para acadar o 100 por cento da enerxía renovable para a electricidade e o transporte e a redución total das emisións de carbono. O plan enumera os empregos en:

– Industria, para construír coches e barcos enerxéticamente eficientes.

– Retroadaptación da eficiencia enerxética nos fogares.

– Plantas de enerxía renovable para ampliar a enerxía eólica e solar.

– Agricultura sostible.

– Enxeñería, investigación e desenvolvemento.

O plan require dunha nova versión do Corpo Civil de Conservación, dun programa de obras públicas da era de FD. Roosevelt que pon á mocidade desempregada na Gran Depresión a traballar no manexo de bosques, o control das inundacións, proxectos de conservación e o desenvolvemento de parques estatais e nacionais, bosques e sitios históricos.

Tamén se asigna 1,3 billóns de dólares para que os traballadores que actualmente traballan nas industrias intensivas en combustibles fósiles e carbono atopen traballo con grandes beneficios sociais e un salario digno.

Se ben hai moita investigación que amosa que as inversións en infraestrutura certamente impulsarían a economía e aumentarían os postos de traballo -especialmente unha inversión tan grande como a que propón Sanders-, os impactos reais a largo prazo dos niveis de demanda laboral son máis difíciles de proxectar, segundo un estudio realizado en 2014 polo Economic Policy Institute. Ademais, as promesas de emprego con propostas de economía verde habitualmente atópanse con barreiras cando se trata da composición da man de obra. Un estudio do Instituto Brookings de 2019 atopouse con que a forza laboral da economía de enerxía limpa é actualmente “maior, dominada por traballadores varóns, e carece de diversidade racial cando se compara con tódalas ocupacións a nivel nacional”.

O plan de Sanders busca abordar este problema mediante a capacitación laboral e a contratación local, a través de inversións dirixidas especificamente a grupos sub-representados, como o apoio ás empresas propiedade de mulleres, as mulleres agricultoras, así como ás comunidades de baixos ingresos e desfavorecidas.

v. Momento oportuno: o cambio climático é unha emerxencia.

O crecente movemento de activistas contra o cambio climático quere que o mundo responda á crecente ola de desastres climáticos e meteorolóxicos extremos da mesma forma que o faría con outra Gran Depresión ou incluso cunha guerra, como se fora unha emerxencia. Todos eles, teñen un aliado en Sanders.

En xullo, Sanders e Reps. Alexandria Ocasio-Cortez (D-NY) e Earl Blumenauer (D-OR) presentaron unha resolución conxunta na que piden aos Estados Unidos que se una a outros 16 países e centos de gobernos locais para declarar unha “emerxencia climática”.

O Green New Deal de Sanders reitera este S.O.S, dicindo que a magnitude do problema require da “mobilización de recursos realizada durante o New Deal e a Segunda Guerra Mundial”.

Este empuxe para reformular radicalmente a forma na que os estadounidenses abordan o cambio climático basease en gran medida no estancamento político. A política climática converteuse nun xogo de suma cero en Washington, onde os líderes republicanos fixeron da mesma a súa plataforma política para o bloqueo de política climática, incremental ou audaz.

O New Deal de Sanders é a única forma de que todo isto funcione: vostede desenvolve unha visión da política que pon á xente do común no centro e dálle un interese tanxible no futuro do país, unha parte da súa enorme riqueza, e un papel que desempeñar no seu maior propósito. Logo, organice á xente en torno a esa visión e exíxala dos representantes electos. Se os representantes electos non preman por isto, asegúrese de que sexan derrotados.

Sanders non é certamente o primeiro en empregar o linguaxe das emerxencias nacionais en torno ao clima. Pero este plan encaixa comodamente dentro do seu empuxe por unha revolución política para combater todo, dende a industria do coidado da saúde até a industria dos combustibles fósiles.

SOBRE O AUTOR

Nicolás Filgueiras González. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Escribe sobre diversos temas, pero interesase especialmente polo campo da teoría política.

Link da entrevista completa a Juan Laborda: https://xanela.org/2019/12/12/juan-laborda-hemos-de-abandonar-los-pilares-basicos-del-neoliberalismo/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s