Fotografía e simbolismo en Parasite

No seguinte artigo trazamos unha análise da fotografía e dos simbolismos de Parasite, a obra mestra de Bong Joon-ho e unha das mellores películas do ano pasado.

 Hai algo que é central no filme e que vai a xorder continuamente durante este análise: os niveis. Bong Joon-ho emprega este recurso para referenciar a brecha entre clases sociais dentro da sociedade capitalista coreana, usando liñas e perspectivas.

No póster xa podemos observar varias liñas horizontais e paralelas formadas a partir dos elementos que o compoñen. É sutil, pero cobra máis forza despois de ver o filme. Os estratos sociais: cara arriba, a casa fermosa; abaixo, un morto.

Outra cousa. A sombra do señor Kim ten moitísimo peso na composición. Pode referirse a súa dobre identidade: por un lado, o amable chofer; polo outro, o parasito.

A primeira toma da película é a ventá dos Kim. Posteriormente, a cámara baixa cara Ki-woo. Non sabemos quen é, pero o que si sabemos, inconscientemente, é que pertence á clase baixa, porque a cámara foi cara abaixo.

O primeiro plano e o último: rematamos no mesmo lugar onde comezamos. Os ricos seguen a ser ricos e os pobres seguen a ser pobres, pero simultaneamente, o plano final semella melancólico e escuro. Sucedéronse os feitos: A irmá e o pai de Ki-woo non están.

A fiestra dos Kim dá a unha rúa con lixo. A dos Park é totalmente oposta: enorme, limpa, con vistas a un fermoso parque con árbores frondosas.

A escena onde Ki-woo estende o seu brazo cara arriba para captar algunha sinal do Wifi é, basicamente, un resumo da película: Os Kim van a intentar todo o posible para ascender, aproveitándose dos despistados.

 Este é un dos meus planos favoritos. Ki-woo vai cara a casa dos Park, a cal queda nun outeiro. De novo aparece a xeografía de clases:  arriba = clase alta. Ademais, localízase xusto no lugar máis luminoso.

Observamos como a luz xoga cos significados. Todo o referido á clase alta está moi iluminado (como a casa dos Park), mentres que no da clase baixa predomina a escuridade (como o sóutano).

Ki-woo, que camiña cara a casa dos Park, sae dunha rúa escura e adéntrase na luz.

Esta é a boca do inferno. Un buraco negro que nós transporte a outra realidade, a outro plano, máis escuro e descoñecido, que existe ao mesmo tempo que o noso. Ahre poético.

Os Park sobre o sofá, iluminados. O señor Kim. No piso, nas sombras. De feito, lémbrame a un diálogo no que a súa muller compárao cunha cucaracha. Ao final remata fuxindo cara as sombras, igual que as cucarachas cando prendemos a luz.

 Os Park nunca miran cara abaixo. Séntense seres superiores. O problema disto é que fai que vivan nunha burbulla e non se decaten das cousas. Nin sequera se percuten de que teñen a unha persoa vivindo dende fai anos no seu sóutano.

Esta é boísima: Min e Ki-woo, de clases sociais diferentes, atópanse nun cruce de rúas. Min está do lado da subida, e Ki-woo sobre a baixada.

As escaleiras están presentes durante todo o tempo. Algunhas veces de forma simbólica e noutras incidindo na trama. Gústame asocialo co concepto de escaleira/mobilidade social: a migración dende unha clase social a outra.

Sábese que na sociedade coreana apenas existe unha mobilidade social vertical. É moi complicado que alguén de clase baixa ascenda até a clase alta: Se naciches pobre, moi probablemente morrerás pobre; Se naciches rico, moi probablemente morras rico.

 Así como os Park viven nun outeiro, a casa dos Kim está nun barrio baixo. Para chegar ao mesmo debemos baixar as escaleiras, e logo, baixar máis aínda.

 Aquí un póster moi bonito. Con escaleiras, obvio.

 Outro elemento a considerar é cómo Bong Joon-ho xoga coas cousas que suceden nun segundo plano. É como se estivese a dicir que a ama de chaves está facendo cousas ás costas da familia Park, como por exemplo: Ter a vivir ao seu esposo no soto.

Outro póster interesante: os Park felices no primeiro plano, e por detrás os Kim expectantes.

 Podemos realizar múltiples interpretacións sobre este plano:

1) Un dos lentes está totalmente negro, mentres que o outro contén o sol. Aparece novamente este xoga coa luz e a escuridade que fainos pensar na dualidade dos personaxes.

2) Por máis que se coloque diante un obxecto, séguese a ver o sol. Por máis que os Kim pretendan facerse os ricos, seguirán sendo parasitos. Por máis que poñan un filtro a súa aparencia, a súa verdadeira identidade non pode taparse totalmente.

3) Esta é máis mística: o lente realmente semella un ollo, como se algo estivésenos a observar dende arriba.  O sol é un ollo superior que non é indiferente: vixía e axustiza. Tódolos personaxes.

 O tema dun obxecto negro tapando algo lémbrame a outra cousa: os pósters cousa vai de identidades, impostores e encubrimento.

 Ben. Xa falamos moito do arriba e baixo. Pasemos ás liñas. Bong Joohn-ho emprégaas para marcar a separación entre os personaxes e as súas clases sociais. Por exemplo, neste plano os da clase baixa localízanse na esquerda e a señora Park na dereita.

Non sei se estarei paranoico, pero nesta conversa entre Ki-woon e a señora Park sempre observo unha liña divisoria entre ambas. Non vou a marcalas, a ver se as ven vostedes.

Ao longo do filme, o señor Park menciona moito o tema de cruzar a liña. Cando Kim vai ao traballo de Park, temos de novo unha liña presente  entre eles.

 Un bo detalle: cando a filla Kim comeza a falarlle á señora Park sobre o “incidente” do seu fillo, apágase a luz do soto, que é onde vive o pantasma que lle provocou convulsións a Da-song.

 Nesta escena na que Ki-woon práctica os seus diálogos fala sobre o mesmísimo cine. Hai un guión, hai unha actuación e hai espectadores. É Bong Joon-ho falando do que máis lle gusta.

 A pedra. Se ben é unha constante na película, muda o seu significado: pasa de ser un símbolo de esperanza e prosperidade a ser un arma. Xorde do auga e despois remata no auga, facendo un ciclo completo.

 Isto encántame: Ki-woon reflexiona sobre se realmente encaixa no mundo dos ricos. Vemos o seu reflexo no vidro. Ten unha loita interna: hai dous Ki-woon ao mesmo tempo.

 Pecho con esta reflexión: ¿Quen son os verdadeiros parasitos neste filme?

Todos: O tipo que vive no soto, os Kim aproveitándose dos Park, e os Park aproveitándose dos seus empregados.

Non paro de pensar en qué acontecería se os Kim, no canto de comportarse á defensiva coa xente do soto, os axudasen. Quizais o señor Kim e a súa filla rematasen de forma distinta.

 Volto por última vez ao tema dos niveis. Sempre teremos a alguén por enriba, pero tamén teremos sempre a alguén por debaixo. Non sexamos como os Park, que nunca miran cara abaixo. Non sexamos como os Kim, que non axudan aos que están na mesma situación.

SOBRE    O AUTOR

Lucas Valli. Amo o cine e a cultura pop. E sobre todo analizalos. Actualmente teño un podcast sobre cine e series chamado El Camino del Héroe onde semanalmente falamos sobre unha película/serie e todo o que lle rodea.

Link orixinal: https://twitter.com/lucvalli/status/1225181141617053706

Agradecementos a Lucas Valli polas súa labor interpretativa e ao seu proxecto El Camino del Héroe, que recomendamos encarecidamente:

Coordinación e tradución: Nicolás Filgueiras González.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s