Sociedade

A influencia da Nova Esquerda no Movemento Negro de Liberación

As relacións do Movemento Negro de Liberación cos procesos revolucionarios latinoamericanos, africanos e asiáticos foron constantes durante a década dos anos 60. O movemento, nun primeiro momento, emerxeu como un actor singular dentro de Estados Unidos. Conforme se foi penetrando nos anos 60 foron asumindo as ideas do contexto internacional para interpretar a súa situación colonial dentro dun proceso moito maior que englobou á maioría das comunidades oprimidas do Terceiro Mundo. O Movemento Negro de Liberación sufriu un proceso de inclusión dentro do marco revolucionario internacional no que a loita armada converteuse nunha das maiores achegas do momento.

O Movemento Negro de Liberación viuse influenciado polo contexto revolucionario mundial dos anos 60 e pola aparición na Nova Esquerda. As relacións que existiron entre o Movemento Negro de Liberación e a Cuba revolucionaria durante a década dos anos 60 tiveron influencia no seo do movemento e produciron un cambio estrutural que afectou á configuración deste. De igual maneira, a aparición da Nova Esquerda supuxo un cambio de paradigma, xa que principalmente empezou a tomar corpo a idea da loita armada.

Poderíamos dicir que o Movemento Negro de Liberación foise desenvolvendo ata converterse nun actor “global”, de maneira que reuniu características tanto locais como internacionais a partir dos anos 60 . Nun primeiro momento, emerxeu como un actor local con características propias, marcadas polas experiencias vitais do movemento durante os anos previos nos que se foi configurando. Despois, coa aparición da Nova Esquerda foi entrando nunha nova dinámica internacional na que se foi encadrando dentro dun marco que lle permitiu atopar unha nova realidade. O movemento pasou a pensar de maneira global, para actuar de maneira local dentro de Estados Unidos. A nova demarcación na que se viu envolto permitiu que se expandise máis aló das fronteiras do seu propio país. Esta nova etapa no movemento fixo que o Black Panther Party fose o responsable da expansión internacional do movemento a finais da década dos anos 60, e se introducíse definitivamente no contexto internacional.

Este proceso tivo dúas fases: a primeira tivo como principal expoñente a Robert F. Williams e a segunda a Stokely Carmichel. Os contactos que estableceu Williams para contribuír á loita armada dentro do movemento producíronse a través da Asociación Nacional do Rifle (NRA). Williams púxose en contacto con esta para obter os permisos necesarios para o desenvolvemento da idea da autodefensa. Para iso formou e armou aos membros da Garda Negra. Williams entrou en contacto coa loita armada, non a través do marco ideolóxico da Nova Esquerda, como fixo Carmichael, se non mediante unha asociación norteamericana que nada tiña que ver coa súa ideoloxía e que estaba formada na súa maioría por xente branca.

Fonte: https://www.nowplayingutah.com/event/black-panthers-vanguard-revolution/

Pola súa banda, a toma de contacto de Carmichael coa loita armada e movementos revolucionarios si se produciu dentro da esfera da Nova Esquerda. Comezou a reformularse as teorías da non violencia de Luther King e foise dando conta de que o contexto revolucionario daquela época estaba liderado pola idea da loita armada, froito dunha nova concepción das estratexias revolucionarias de acción. Mentres Williams tivo que irse exiliado a Cuba para librarse da xustiza do seu país, Carmichael emprendeu unha viaxe polos países da órbita socialista para aprender e nutrirse dos coñecementos necesarios para importar todo aquilo que máis útil fose para o movemento. Na forma que tiveron de introducirse no contexto da loita armada reside a maior diferenza que puidemos establecer entre ambos os líderes do Movemento Negro de Liberación.

As políticas imperialistas, colonialistas e racistas estadounidenses contribuíron a que, as conexións e relacións do Movemento Negro de Liberación con algúns dos gobernos socialistas ou comunistas de diferentes países do mundo puidesen producirse. Este inimigo en común que compartían tantos países deu paso á cooperación a diferentes escalas dos movementos guerrilleiros ou gobernos revolucionarios do redor do mundo. O obxectivo era poñer fin a unha época na que non só Estados Unidos practicou o imperialismo e colonialismo, senón que a maioría das potencias Occidentais foron partícipes.

Por outra banda, as relacións entre o movemento negro e Cuba que, desde finais dos anos 50 e principios dos 60, desenvolvéronse cada vez con máis frecuencia e intensidade. Robert F. Williams, nun primeiro momento, e Stokely Carmichael despois, foron as figuras máis destacadas. Pero entretanto, numerosos afroamericanos e afroamericanas desprazáronse á illa, de maneira voluntaria ou forzosa, para refuxiarse dos ataques racistas en Estados Unidos ou para fuxir da xustiza, entre outras cousas. As canles de difusión destas relacións foron varias, pero as máis importantes foron as de difusión relacional e de difusión non relacional.

Ambos foron fundamentais para desenvolver uns vínculos tanto políticos como sociais para establecer un marco común de acción e unha maneira de proceder contra o inimigo en común. O Movemento Negro de Liberación necesitaba saber como se xestou en Cuba a Revolución, por iso o contacto directo dos seus principais líderes cos revolucionarios cubanos foi tan importante. Establecer eses vínculos directos foi unha maneira de selar un pacto simbólico polo cal o movemento negro gañou un aliado para demostrar ante a comunidade internacional que era un exemplo para todos aqueles países que decidisen emprender a loita armada.

Ambos as personaxes viviron experiencias en Cuba, pero en diferentes contextos. Williams chegou apenas dous anos despois do triunfo da Revolución, mentres que Carmichael fixo o propio sete anos despois, cando a idea revolucionaria estaba xa consolidada e en plena actividade, tanto política, económica e social. Contribuíron a fomentar o debate sobre o racismo, o antiimperialismo e anticolonialismo, e axudaron a impulsar ao movemento fóra das súas fronteiras para incluílo dentro do marco revolucionario internacional. O movemento foi virando cara a posturas máis radicais conforme íase penetrando nos anos 60.

Como dixemos, a difusión xogou un papel fundamental para poñer de relevo unha serie de cuestións que doutra maneira terían moi pouca visibilidade. Por mencionar algunha das publicacións ou medios de comunicación, Radio Free Dixie, ou revistas como The Crusader e The Movement, fixeron que se introducise no debate unha terminoloxía e unha maneira de entender a loita que fixo que o movemento se abrise a debate fóra das súas fronteiras. A inclusión da raza, o racismo, a clase ou a revolución foi algo que alimentou naquela época a discusión acerca dos procesos revolucionarios e dotou de significado as loitas dos pobos do Terceiro Mundo e en especial a do Movemento Negro de Liberación e a do resto de negros que vivían oprimidos noutros países. Esta difusión permitiu chegar a moita xente e por tanto ter un gran efecto mobilizador.

Cuba, pola súa banda, facilitou o contacto entre os revolucionarios cubanos e as principais figuras do movemento negro. A illa estaba disposta a recibir a todos aqueles afroamericanos que non quixesen seguir vivindo en chan estadounidense. Debido á Revolución cubana, os países socialistas de África, Asia e América Latina puxeron o foco na illa, xa que era un exemplo para o mundo. Isto permitiu que o Movemento Negro de Liberación aproveitase a conxuntura para establecer contactos con algúns dos gobernos ou movementos revolucionarios deses países. Cuba erixiuse como o punto de encontro internacional para todos aqueles movementos revolucionarios que quixesen establecer relacións para iniciar procesos de cambio radical nos seus países.

Dentro dun contexto onde a Nova Esquerda dominaba, a aparición desta corrente supuxo que a postura da non violencia comezase a cuestionarse. A inclusión no ideario revolucionario da loita armada permitiu ao movemento saírse da corrente local e inscribirse na nova onda revolucionaria de maneira definitiva. Poderiamos dicir que esta foi a principal achega que o Movemento Negro de Liberación recibiu da Nova Esquerda, ademais de que grazas a ela puideron adherirse a un marco no que se lles permitiu atopar unha nova realidade para avanzar nos seus obxectivos.

Para a formulación da ideoloxía do Movemento Negro de Liberación en xeral, e posteriormente, en especial a do Black Panther Party, a Nova Esquerda foi chave. Este foi o motivo polo cal se produciu no seo da comunidade negra unha ruptura entre os partidarios da violencia e os partidarios da non violencia. A comunidade negra non se enfrontou aínda á chegada de novas interpretacións das formas de loita. Por iso, a inclusión destes novos preceptos fixo que as bases tradicionais cambiasen e se producise unha reinterpretación do seu ideario, que deu paso a unha nova conceptualización da loita polos dereitos civís.

A introdución no debate das novas formas de loita fixo que os sectores tradicionais do movemento non visen con bo ollos como cada vez ía gañando máis terreo a loita armada. Talvez medorentos de que a súa xente fose masacrada ou de que os seus intereses dos brancos puidesen verse afectados, a facción encabezada polos líderes máis carismáticos do momento chocou coas novas ideas introducidas por mozas como Carmichael ou Huey P. Newton.

Doutra banda, a lectura que se fixo desde o Movemento Negro de Liberación sobre o papel que xogou a Revolución cubana no inicio do período revolucionario foi múltiple, como vimos ao analizar as revistas. Nun primeiro momento, a expectación xerada por ela mergullou a gran parte do Terceiro Mundo nunha espiral de esperanza, ao ver que os seus obxectivos podían verse feitos realidade. Pero esta expectación non se viu reflectida en feitos tanxibles.

Si resulta certo que o proceso revolucionario iniciado por Cuba supuxo un antes e un despois na loita armada latinoamericana e os intentos por emulala sucedéronse ao longo dos seguintes anos. Pero a realidade foi que moitos deses intentos por cambiar o devir da maioría dos seus destinos non tiveron o éxito desexado. Tamén os países da órbita occidental, en especial Estados Unidos, coidáronse de que iso non sucedese, facendo todo o posible para facer fracasar os intentos de revolución. En todo caso, a partir de 1959 o continente americano case na súa totalidade viviu un período no que a maioría dos gobernos foron ocupados por ditadores dirixidos desde Estados Unidos, e os poucos países que conseguiron ter un presidente socialista ou comunista, foron desposuídos dun goberno democrático para converterse en ditaduras tamén.

Por último, a Guerra de Vietnam foi un dos principais sub-detonantes dentro da terceira onda revolucionaria mundial. A través da efectividade da vitoria do Vietkong, contra o que Rapoport chamaba “a moderna tecnoloxía do Goliat estadounidense”, a loita armada lexitimouse como un dos principais métodos de acción para os movementos revolucionarios (Rapoport, 2004: 55). A partir deste feito os países do Terceiro Mundo viron a súa oportunidade para emular aos vietnamitas, e o Movemento Negro de Liberación tamén emprendeu o camiño da loita armada.

Os anos 60 e 70 foron os do estalido, sobre todo en América Latina, pero tamén no resto do mundo, das loitas dos movementos revolucionarios contra o imperialismo estadounidense ou contra uns gobernos que atentaban constantemente contra os máis oprimidos. O mundo viuse envolvido nunha loita de poder entre aqueles que reclamaban unhas condicións de vida dignas, como o caso dos negros en Estados Unidos, e entre aqueles que querían establecer un cambio político, económico e social dentro dos seus países, como o caso da Revolución cubana. As potencias occidentais observaron como as prácticas colonialistas e imperialistas que levaran cabo anos atrás estábanselles volvendo na súa contra. Pero como dixemos con anterioridade, a forza coa que contaban os países do primeiro mundo dificultou o labor aos países terceiromundistas ata o punto de que os éxitos que cultivaron ou ben tiveron unha duración moi curta ou directamente non chegaron a bo porto.

BIBLIOGRAFIA

Benvenuti, A. (2015). African American Radicals and Revolutionary Cuba from 1959 until the Black Power Years, en Buonomo Leonardo, Vezzosi Elisabetta. Discourses of Emancipation and the Boundaries of Freedom. Selected Papers from the 22nd AISNA Biennial International Conference. Triste: EUT, pp. 129-137.

Brock, L. (1994). Back to the Future: African-Americans and Cuba in the Time(s) of Race. Contributions in Black Studies, 12, pp. 9-32.

Carbone, V. (2015). Solo escucha lo que los Panteras están diciendo. Una historia del partido de los Panteras Negras desde su visión y perspectiva. Universidad de Buenos Aires, Instituto Interdisciplinario de Estudios e Investigaciones de América Latina, Buenos Aires. Extraído de: : https://www.academia.edu/36294091/S%C3%B3lo_escucha_lo_que_los_Panteras_est%C3%A1n_diciendo._Una_historia_del_Partido_de_los_Panteras_Negras_de sde_su_visi%C3%B3n_y_perspectiva

Carbone, V. (2016). Racismo, Raza y clase en la lucha de base y resistencia de los afroamericanos durante 1969-1988. [Tesis doctoral], Universidad de Buenos Aires, Facultad de Filosofía y Letras, Buenos Aires. Obtenido de: http://repositorio.filo.uba.ar/bitstream/handle/filodigital/4391/uba_ffyl_t_2016_60 719.pdf?sequence=1

Carbone, V. (2017). Estados Unidos, el Black Power y el Tercer Mundo: un análisis de las implicaciones de la visita de Stokely Carmichael a Cuba, en agosto de 1967. Revista Universidad de La Habana, 51-67.

Carson, C. (1981). In struggle: SNCC and the Black Awakening of the 1960s. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press.

Cleaver, E. (1967). On the ideology of the Black Panther Party. Extraído de: http://www.freedomarchives.org/Documents/Finder/Black%20Liberation%20Dis k/Black%20Power!/SugahData/Books/Cleaver.S.pdf

Curry, T., & Kelleher, M. (2015). “Robert F. Williams and Militant Civil Rights: The Philosophy and Legacy of Pre-emptive Self-Defense”. Radical Philosofhy Reiview. 18(1), 46-48. doi: 10.5840/radphilrev20153432.

Gracia Santos, G. (2018). Los procesos de difusión político-ideológica transnacional: MLN-Tupamaros y Brigadas Rojas en perspectiva comparada. [Tesis doctoral] Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Extraído de: https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/17908/rep_1660.pdf?sequen ce=5&isAllowed=y

Joseph, Peniel E. (2013). The Black Power Movement. Rethinking the Civil Rights-Black Power Era. New York: Routledge.

King, Martin. L.; Clayborne, C. (1998). The autobiography of Martin Luther King. New York: Intellectual Properties Management in association with Warner Books.

Latner, Teishan A. (2018). Cuban Revolution in America: Havana and the Making of a United States Left, 1968-1992. U.S.A.: North Carolina Scholarship Online.

Martín Álvarez, A., & Rey Tristán, E. (2018). “La dimensión transnacional de la izquierda”.América                            Latina              Hoy,             (80),           pp.             9-28. doi:http://revistas.usal.es/index./1130-2887/article/view/alh201880828php

Martín Álvarez, A., & Rey Tristán, E (2012). “La oleada revolucionaria latinoamerica contemporánea, 1959-1996. Defición, caracterización y algunas claves para su análisis”. Revista electrónica de la Asociación Española de Americanistas. 9, pp. 1-36.

Mislan, C. (2013). Transnationalism, Revolution and Race: The Case of Cuba’s Radio Free Dixie [Tesis doctoral]. Pennsylvania State University.

Mislan, C. (2014). “From Latin America to Africa: Defining the “World Revolution” in The Black Panther”. Howard Journal of Communications, 15(2), pp. 211-230.

Rapoport, David C. (2004). Modern Terror: The Four Waves. En: CRONIN, Audrey K. y Ludes, James M. (eds.). Attacking Terrorism: Elements of a Grand Strategy. Washington, D.C.: Georgetown Univ. Press, pp. 46-73.

Reitan, R. (1999). Cuba, the Black Panther Party and the US black movement in the 1960s: Issues of security, New Political Science, 2(2), pp. 217-230. doi: 10.1080/07393149908429864

Seidman, S. (2012). “Tricontinental Routes of Solidarity: Stokely Carmichael in Cuba”. Journal of Transnational American Studies, 4(2), 1-27

Tyson, Timothy. B. (2009). Radio Free Dixie: Robert F. Williams and the Roots of Black Power. U.S.A. The University of North Carolina Press.

SOBRE    O AUTOR

Xavier Albert Talaya é politólogo pola Universitat de València e conta cun máster en Historia Contemporánea pola Universidad de Santiago de Compostela.

Link do artigo orixinal [https://www.agoncuestionespoliticas.com/article-xavi-albert]

Agradecementos a AgonsCuestionesPoliticas [https://www.agoncuestionespoliticas.com/]

0 comments on “A influencia da Nova Esquerda no Movemento Negro de Liberación

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: