Entrevistas escritas

Entrevista a Santiago Caamaño, ludópata rehabilitado.

O psicólogo estadounidense Burrhus Frederic Skinner desenvolveu na década dos cincuenta un pioneiro estudo sobre as conductas humanas, creando a categoría do condicionamento operante. Realizou o seguinte experimento con animais: deseñou unha caixa cunha panca que ao pulsarse vertía comida, e unha luz que avisaba cando accionala. Os animais pulsábana ata fartar, pero cando ao accionar a panca a comida caía algunhas veces si e outras non estes pulsábana de forma continuada. Conclusión: as recompensas variables causaban adición nos animais.

Son os salóns de xogo unha Caixa Skinner de humanos? Dende logo estes locais ocupan cada vez máis rúas, como ilustra o seguinte mapa.

                          Mapa de distribución de casas de apostas de Codere

Baixo estas circunstancias o número de persoas que participan en apostas deportivas incrementouse masivamente, reducíndose tamén a idade dos participantes. Case un millón e medio de cidadáns españois apostaron en 2018 cando menos unha vez ao ano, sen contar a Lotería de Nadal, boletos da ONCE ou A Primitiva.

Así as cousas, segundo datos da Axencia Gaming Un Holland un 97% dos beneficios que obteñen as casas de apostas en España procede das deportivas. Mentres, Sportium, Bedway, Bwin, Luckia…a vestimenta de 19 dos 20 equipos da primeira división 2019/20 contén publicidade sobre casas de apostas. Todos menos a Real Sociedade, que se ben non as patrocina directamente si o fai dun portal de información deportiva que o fai a súa vez. Cristiano Ronaldo, Gerard Piqué, Rafael Nadal, Maradona, Carlos Sobrera, Maldini ou el Chojin son algunhas das figuras que anuncian casas de apostas en diferentes espazos e medios de comunicación. Sen embargo, ningún anuncia unha marca de tabaco ou alcohol.

Hoxe entrevistamos a Santiago Caamaño, un ludópata rehabilitado (@ludopatar), que dende que superou a súa enfermidade se dedica a denunciar a concienciar e axudar sobre esta problemática.

Cóntanos un pouco a túa historia de adicción ao xogo. Cando comezaches e como foi o proceso de adición? Que cantidades apostabas e chegaches a perder?

Comecei a xogar ao póker con amigos cando tiña 14 anos, logo ao póker online, e con 16 comecei coa ruleta, as máquinas comecartos, etc. Xa con 18 comecei coas apostas deportivas, momento no que a adicción chegou a ser de 24 horas.

Sobre as cantidades o máximo que gañei foron 13.000 euros, os cales perdín de novo en cuestión de hora e media. Logo outros días gañei e perdín 5.000, 6.000…gastando o 100% do meu soldo, ou se tiña algo máis tamén.

Dende a túa experiencia persoal. Por que enganchan tanto as apostas? Como se perde o control sobre o xogo?

Eu creo que as apostas deportivas enganchan máis que outro tipo de xogo, primeiro pola inmediatez. Podes apostar ao próximo córner, ao próximo punto nun partido de tenis… E logo pola familiaridade. Todo o mundo pensa que apostar significa saber de deporte, o que acerta unha quiniela e porque sabe, cando en realidade non deixa de ser un xogo de azar, pero quizais máis camuflado que noutros.

Sobre o límite, cada un terá maior control ou maior debilidade, o que manteño con seguridade ó respecto é que a única maneira e non converterte nun ludópata é non apostando. Non creo que exista unha liña clara nin un momento exacto, vas notando cada vez máis necesidade dunha inmediarez, apostando máis cartos…ata que te das conta de que estás enfermo.

A idade media de inicio do xogo son os 19 anos, segundo datos da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo. A que se debe esta redución da ideade media dos apostantes?

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo sempre barre para casa. Eu creo que cada vez é xente máis nova pola falta de alternativas de ocio, a publicidade abusiva, na que participa ídolos de moita xente moza, o que normaliza o xogo, e a falta de control de acesos; cando eu xogaba moita xente menor xogaba, en locais ó redor dos colexios.

De que modo a adicción ao xogo está atravesada por outro tipo de problemas que vive a nosa sociedade, como o emprego precario?

Está moi relacionado. Os problemas económicos, a falta de traballo invitan a buscar unha alternativa de carto fácil, unha milagre para solucionar estes problemas, e as apostas eríxense como tal. De aí que onde máis medres as casas de apostas sexan nos barrios humildes.

Decidiches dar a coñecer o teu caso persoal. É un ludópata rexeitado socialmente? Existe un sentimento de culpabilidade ou vergoña por parte de quen sofren esta enfermidade que lles impide recoñecelo ben en privado ou ben publicamente?

Non creo que un ludópata sexa rexeitado socialmente, pero a ludopatía si é unha enfermidade tabú, e as persoas que a sofren si adoitan ter un sentimento de culpabilidade que lles impide dar o paso de recoñecelo e compartir que ten un problema. O meu é un caso estraño.

“A LUDOPATÍA É UNHA ENFERMIDADE TABÚ, AS PERSOAS QUE A SOFREN ADOITAN TER UN SENTIMENTO DE CULPABILIDADE QUE LLES IMPIDE RECOÑECER O PROBLEMA”

Preguntando dende a perspectiva contraria. Estrelas do deporte, coñecidos xornalistas, e outras figuras de renome, as propias institucións deportivas patrocinan casas de apostas. As propias empresas de xogo válense de slogans como Apostar é humano, preséntano como algo que lle outorga máis emoción aos partidos, as ganancias como un produto do coñecemento e a boa xestión do diñeiro apostado. Está ben recoñecido socialmente anunciar as ganancias das apostas?

Ata o de agora as apostas deportivas eran percibidas como unha acción baseada no coñecemento, en saber de deporte e en vivilo con emoción, pero eu creo que agora se está a tomar cada vez maior conciencia do que implican as apostas deportivas. Que a publicade das casas de apostas é unha estratexia para meternos na cabeza que apostar é algo normal.

Ultimamente estamos vendo agromar mobilizacións contra o problema da adición ao xogo. Está a sociedade concienciada do estendido que está este problema de saúde pública e os seus efectos?

Si, como dixen creo que o conxunto da sociedade está tomando conciencia do problema, entendendo que é algo moito máis grave do que pode parecer dende un principio, que a moitos nos están roubando a xuventude, e as protestas creo que van continuar ata que se comece a facer algo ao respecto para paliar o problema.

Cales son as medidas máis inmediatas que cres que se deberían tomar para frear este problema?

Medidas que deberían tomarse hai moitas. As máis inmediatas creo teñen que ver cunha regulación do xogo presencial que debería vir dende o Estado, e non só as comunidades autónomas, como xa se fai co xogo online: restrinxir a publicade a horarios estritos, por exemplo de 1:00 a 3:00 da mañá, asegurarse de que os controis de acceso se cumpran en todos os salóns de xogo, prohibir as máquinas de xogo nos bares, etc. Por outra parte, é moi importante inverter en prevención para concienciar, sobre todo a xente moza, dos problemas que pode xerar o xogo, así como dar recursos para a rehabilitación da xente que xa sofre esta enfermidade.

Ti decidiches reflexar que os problema co xogo están máis preto do que podemos chegar a crer e acontécenlle a persoas completamente normais dándolle voz e rostro. Agora tratas de axudar a prever e curar a ludopatía. Máis alá deste tipo de iniciativas, con que medios conta unha persoa para tratar o problema?

O máis importante é a predisposición dun mesmo para tratar a enfermidade, pero eu creo que a familia xoga aquí un rol esencial, ten a capacidade de ser un pilar no apoio durante o proceso de rehabilitación. Por outra parte a axuda profesional, a axuda psicolóxica, é outra parte fundamental, co control de gastos e ingresos, evitando o uso de contas bancarias individuais, etc.

SOBRE O AUTOR

Xurxo Antelo Alvite. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración e doutorando en Historia Contemporánea (USC).

0 comments on “Entrevista a Santiago Caamaño, ludópata rehabilitado.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: