No interior dunha falla: a estruturación da oportunidade política de Más País.

Nunha tarde de domingo, a unha semana da celebración das eleccións xerais do 10 de novembro, tiven unha discusión cun colega en torno ao papel de Más País nestas. A discusión, con tons cómicos e irónicos, versou sobre unha cantidade brutal de temas aos que todo militante de esquerdas se enfrontou estes anos. Inundo esta primeira páxina con tódalas preguntas ás que non dimos resposta:

¿Pode resignificarse a rojigualda e ser aceptable o seu uso nos espazos transformadores? As transformación sociais requiren da integración de sectores racionalistas que poden ser reticentes en momentos determinantes? Pode contribuír á formación dun bloque histórico unha candidatura que apenas ten arraigo e militancia a nivel nacional? É unha tarefa prioritaria a gobernabilidade do país? Ten algo de responsabilidade unha forza política como Unidas Podemos no resultado tras as eleccións de 2015-2016? Como debe relacionarse ese espazo transformador co “gran” partido do Réxime, regalando votos ou sacando ministerios? Quen tivo a culpa no fracaso das negociacións? Debemos criticar o marco discursivo filantrópico empregado por reaccionarios (como Pablo Motos) en prime time para defender a Amancio Ortega? A xerarquización dos temas a sinalar ou o uso de marcos gañadores implica colocarse unha máscara durante o espectáculo electoral mantendo unha posición semellante a dun adorable gato que non asusta ao IBEX-35? Podemos ser radicais e maioritarios, ou, de forma necesaria unha cousa nega a outra? As formas amables nun discurso ou a flexibilidade á hora de pactar nega os principios e programas transformadores?

Ernesto Laclau revólvese na tumba vendo a Más País? Que lle gusta máis a Chantal Mouffe, Más País ou Unidas Podemos? Más País é populista ou transita nun atrezzo consensualista ao estilo da democracia deliberativa tan criticada anos atrás por Iñigo Errejón? Cómo debemos entender a transición política á democracia? Debemos apelar ao imaxinario social deste mito fundante do Réxime do 78 ou debemos criticalo propondo novas gramáticas políticas? O errejonismo e a intelixencia ao seu redor repiten sistematicamente unha serie de aforismos Gramscianos? E os partisanos de Unidas Podemos? Más País repetiu os mesmos erros que a “máquina de guerra electoral de Podemos”? Ou o que é peor, provocou unha serie de danos colaterais aínda máis condenables dada a posibilidade de fragmentación do voto progresista e o teito de voto estimado (5%)? Errejón é unha “rata” ou un “traidor”? Pablo Iglesias tomou unha boa decisión unificando a dirección política do partido tras Vistalegre II? Ten sentido negar a operatividade da bandeira constitucional en campaña ao mesmo tempo que rematar un mitin soando a Grândola Vila Morena en Galicia? As cancións son unha parte fundamental na conformación dos imaxinarios colectivos? Son timoratas as forzas estatais co acontecido en Cataluña? Teñen que defender o dereito de autodeterminación? Espartaco é unha película Errejonista?

Esta choiva de ideas, máis ben, parafraseando a Byung Chul-Han, esta Shitstorm, non será respondida no seguinte artigo. O que si provocan no cotiá son dúbidas en todos aqueles que aprendemos a pensar a política emancipatoria con La Tuerka, aos que chegaron despois na evolución de Podemos ou as moitas persoas que quedaron polo camiño, resignados e deprimidos, durante estes anos. Como temos algunhas inquedanzas intelectuais relacionadas co fenómeno de Más País, trataremos de reflexionar sobre varios puntos, construíndo un fío narrativo que vai: 1) dende a crise orgánica do Réxime e o final do bipartidismo imperfecto até a 2) estrutura de oportunidade política na que se cimenta o discurso de Errejón; e 3) na conclusión dalgunhas valoracións persoais sobre os elementos discursivos postos en práctica polo líder de Más País.

Crise orgánica e final do bipartidismo imperfecto: ¿pasokización do PSOE?

Segundo Felipe González, o “bipartidismo imperfecto” era o sistema preferible para o pobo español debido á estabilidade que reportaría no sistema político (a diferencia do contorno de países europeos do sur coma Italia). Segundo Villacañas (2014), nesta forma de gobernabilidade desenvolvida dende comezos dos 80 (figura 1), a nova xeografía a conformar sería a repartida entre o PSOE e Alianza Popular (hoxe PP), deducíndose a representación de dous “espazos-alternativas de poder político” nos que o “hipotético cambio de poderes non supoña a marxinación total ou o pleno sentimento de derrota do sector social que non obtivo a maioría”, descartándose de forma sistemática a remodelación da Constitución (p. 604). Posteriormente á irrupción de Podemos na primavera de 2014 abriuse un ciclo político que se caracterizou pola competición electoral entre 4 formacións políticas que representaban, canto menos, un 10 % do total de votos emitidos (figura 2). Como resultado do fin do bipartidismo imperfecto1 produciuse un sistema polipartidista onde se complican as anteriores formas de gobernabilidade. Anticipaba Villacañas que o bipartidismo se amosou como unha arma de dobre fío: produce estabilidade pero entra en crise sistematicamente.

Este novo ciclo político emerxeu como consecuencia dunha crise orgánica na que os principais partidos de goberno asistiron a unha crecente falta de confianza nas institucións por parte da cidadanía e, simultaneamente, a unha crise de representación (Villacañas, 2015). A entrada en crise do sistema democrático español tamén implicou a crise do estado social e das autonomías, que anteriormente vertebrado mediante unha constitución social e territorial (Illueca, 2019) sufriu unha serie de sucesos que transformaron o seu contido: 1) por unha banda, as políticas de austeridade esixidas pola UE culminaron na reforma constitucional do artigo 135 no ano 2011, o que implicou unha clara mudanza neoliberal do contido do Estado social; e 2) por outra banda, a constitución territorial asistiu a un proceso que tivo como protagonista á sociedade catalana, a cal mantivo un turbulento percorrido dende a sentencia do Tribunal Constitucional anuladora do Estatuto de Autonomía até a utilización dun artigo constitucional excepcional coma o 155.

Ao sentimento xeneralizado da impermeabilidade do institucional, da incapacidade de atender as demandas democráticas e populares por parte dos sucesivos gobernos, acompañoulle un castigo ao bipartidismo manifestado no voto a Podemos e Ciudadanos. Entre a derrota do PSOE nas eleccións xerais de 2011, onde o PP consigue a maioría absoluta con 186 escanos no Congreso dos deputados, e a posibilidade do sorpasso por parte de Podemos en 2015, o PSOE viviu un período de descomposición e de perda do seu electorado que foi interpretado como a posibilidade da súa “Pasokización2” (figuras 3,4 e 5).

Figura 1. evolución do bipartidismo nas eleccións ao Congreso1Fonte: Ministerio del Interior, www.epdata.es

Figura 2. Proporción de voto entre as principais forzas políticas do sistema de partidos2

Fonte: https://www.epdata.es/datos/resultados-elecciones-generales-datos-graficos/351/espana/106

Figura 3. Evolución de voto do PSOE3
Fonte: elaboración propia de Rafael Figueira.

Figura 4. Evolución do apoio electoral ao PSOE.4

Fonte: elaboración propia de Rafael Figueira.

Figura 5. Evolución apoio electoral do PsdG5

Fonte: elaboración propia de Rafael Figueira.

Dende finais do século XX, entre os círculos intelectuais situados politicamente á esquerda do PSOE consolidouse unha crítica á opción emprendida polo Partido Laborista: a terceira vía3. O rédito electoral obtido mediante esta vía por parte da socialdemocracia europea, así como o ideario clasemedista da prosperidade e a igualdade de oportunidades garantiu durante algún tempo unha posición dominante do proxecto socialdemócrata europeo (Navarro, 2006). Nas décadas de hexemonía neoliberal, diferentes actores políticos insistiron na redución da esfera da política, asumindo con normalidade a exclusión de múltiples cuestións e decisións que pasarían a considerarse “técnicas”. Nesta despolitización dos asuntos públicos a economía asentouse coma área paradigmática do postpolítico: os asuntos económicos constitúen actividades de xestión correspondentes a equipos técnicos (Errejón, 2015; Zizek, 2012).

Coa quebra dos Lehman Brothers e o comezo dunha crise socioeconómica mundial, a democracia social e o libre mercado entraron en múltiples tensións, que dunha forma ou outra, terían que resolverse nalgunha dirección. Aquí entraron en fricción os imaxinarios sociais e as condicións materiais achegadas significativamente polos gobernos socialdemócratas, producíndose sinerxías de protesta no seo da sociedade civil. O espazo político da “esquerda á esquerda” (partidos comunistas e anticapitalistas), curiosamente, non aumentou significativamente o seu peso como actor4, dándose un escenario de altas mobilizacións populares e movementos de protesta, pero con escasas modificacións nas institucións públicas.

No ano 2012, Zizek (2012, p. 173) referíase ao ano 2011 como o “ano no que soñamos perigosamente, o ano do rexurdimento da política emancipatoria radical en todo o mundo”, observando tan só un ano despois que moitos dos movementos de protesta e proxectos de transformación nun sentido progresista (Occupy Wall Street, Primaveira Árabe, o proxecto Bolivariano) fracasaran ou dexeneraran en múltiples síntomas de esgotamento. O filósofo esloveno estableceu unha pregunta retórica para ilustrar o laberinto no que andaban metido, por un lado, os movementos de esquerda radical, e por outro, a socialdemocracia europea: “¿Acaso a única elección que nos queda é aquela entre a lembranza nostálxica-narcisista dos momentos sublimes de entusiasmo e a explicación cínica e realista de por qué eses intentos de mudar a situación estaban inevitablemente destinos ao fracaso?” (Zizek, 2012, p. 173).

Na recuperación da iniciativa política e o exercicio de imaxinación e astucia, en varios países se sucederon diferentes propostas políticas que buscaban articular un espazo que escapase da pregunta de Zizek. No caso español xurdiu un Podemos que pasou, de aspirar a un sorpaso sobre o PSOE entre 2015 e 2016, a tratar de garantir que a súa base electoral non continúase a tendencia minguante dos últimos tres anos. Naqueles momentos, entrelazados cun aparente ocaso da socialdemocracia europea, boa parte da intelixencia arredor de Podemos debatíase en torno a como relacionarse co PSOE5. Os debates transcorreron entre unha cantidade de hipóteses que, con maior ou menor poder de predición, mantiñan un consenso superposto sobre o horizonte normativo a defender: a colocación do PSOE como un actor subalterno no sistema de partidos como condición de posibilidade para iniciar transformación sociais nun sentido progresista6.

A hipótese orixinaria sobre o ocaso da socialdemocracia europea converteuse nunha formulación con moitas dificultades para ser universal. En tanto que é incapaz de abarcar as diferentes formas que tiveron os partidos socialistas de afrontar as tendencias que produciron a súa crise de representación, a capacidade de xeneralización desta hipótese foi claramente limitada.

A estrutura de oportunidade política de Más País.

Os últimos ciclos electorais, aínda máis cortos do normalmente estimado, teñen arroxado aos partidos a unha política curtopracista7 caracterizada polos “bandazos” no “espectro ideolóxico” (Concheiro, 2016). Durante os meses nos que a conformación dun goberno progresista apareceu na opinión pública asistimos a unha forma de facer política (filtracións, vetos, acusacións) configurada en torno ao tumulto, producíndose un debate que non tivo en absoluto que ver coa disputa ideolóxica entre o PSOE e UP, senón coa destrución da lexitimidade do contrincante. Unha incesante personalización do conflito nos medios de comunicación, ou a evidente espontaneidade e disolución dos relatos partidarios sobre os sucesos desprazaron calquera tipo de antagonismo político/ideolóxico.

A xeografía política do bipartidismo (centro-esquerda/centro-dereita/nacionalismo) evolucionou cara un sistema multipartidista no que a competición electoral semella instaurar dous bloques políticos (esquerda/dereita ou progresista/reaccionario) nos que se suceden novas gramáticas do político como o feminismo ou o ecoloxismo.

Tras os resultados do 28 de Abril, o PSOE consolidouse como a forza política máis votada, e dende logo, como o principal actor dentro do que se pode considerar o bloque progresista. Como síntoma desta nova realidade, a maioría de barómetros e cálculos post-electorais observan a suma entre cada un dos bloques, e de ningún modo se atende a posibilidade dunha alianza entre o PSOE-PP ou PSOE- Ciudadanos. As diferentes enquisas sobre a preferencia de pactos post-electorais de cada partido, os estudos sobre a volatilidade do voto ou o transvase de electorado entre partidos semella ter borrada a posibilidade dunha “alianza centrista” que podería adoptar múltiples formas: dende a abstención na sesión de investidura para facilitar a formación dun executivo ate a posibilidade de coalición entre o centro-esquerda e o centro-dereita.

A partires da moción de censura na que Pedro Sánchez se proclamou presidente, a política española pasou a reflexar dous bloques políticos enfrontados: un ligado ao pluralismo e ao pactismo, e outro ligado á uniformidade e o autoritarismo. Paradoxicamente, os primeiros valores asociados ao espazo progresista, non se derivaron nun acordo de goberno entre o PSOE e UP, mentres que os segundos valores asociados ao bloque de dereitas, si amosaron unha maior capacidade noutros niveis de goberno. O espazo progresista si foi capaz de pórse de acordo en múltiples Concellos e Comunidades Autónomas, pero non para o goberno central8. Algunhas voces críticas co PSOE entenden a convocatoria de repetición electoral como unha xogada de cálculo político, outras tantas aluden a diferencias ideolóxicas irreconciliables entre ambos partidos ou ao sectarismo de ambas partes.

A diferencia dos agravios que motivan a mobilización e outorgan un sentido preferente cara unhas demandas, a ingobernabilidade aparece neste contexto político como un agravio potencialmente desmobilizador, produtor de desconfianza en torno ás clases dirixentes progresistas. Aquí aparece un non lugar ou unha peculiar cancelación do momento populista no que xorde Podemos: non estamos nun momento de opacidade do institucional posto que existe a posibilidade de agregar as principais demandas populares e democráticas (pensións, transición ecolóxica, feminismo), pero unha falta de acordo entre os principais actores progresistas as cancela. O efecto, como tal, aporta unha serie de materiais procrastinantes das demandas, tendo como consecuencia un contexto no que a recuperación da iniciativa política só pode fundamentarse en torno a esta ausencia (a falta de acordo). A intelixencia, sabedoría, creatividade e os resultados que produzan esta aposta política só poderán avaliarse atendendo ao interregno no que leva somerxido o sistema político español nos últimos 4 anos, e concretamente, nas contraditorias formas que adoptou a relación ente o PSOE e UP.

Neste contexto político entra a arriscada aposta política de Más País, onde o momento da iniciativa política semella central para afrontar cun mínimo éxito esta curta campaña electoral. ¿Que queremos dicir coa “centralidade da iniciativa política”? Pois, que a estrutura de oportunidade política actual non está nitidamente aberta ao cambio, polo que sen unha ampla mobilización dos recursos (organizativos, militantes, materiais, simbólicos) e unha articulación discursiva que integre elementos particulares (por exemplo, feminismo e ecoloxismo) será imposible que Más País consiga os efectos de representación desexados.

En referencia a grupos políticos de esquerda extraparlamentarios, comentaba Kitschelt (1986) que 1) unha mobilización moi activa non ten efectos necesarios se a estrutura de oportunidades política non está aberta ao cambio, e que en cambio, 2) unha escasa mobilización si pode ter un efecto importante no caso de que pertenza aos materiais/propiedades arroxadas pola estrutura de oportunidades. Neste segundo punto xorden as incógnitas sobre os resultados de Más País, xa que non queda claro nin o potencial mobilizador de Más País nin se xoga nunha estrutura de oportunidades decididamente aberta (polo menos no momento anterior á recuperación da iniciativa política) ou que poida abrir nun prazo temporal tan curto.

O sistema político actual, a pesar da súa ingobernabilidade ten un sistema de partidos multipartidista no que os seus principais actores consolidaron durante estes anos o espazo das demandas a representar. A diferencia do contexto de irrupción do Podemos, onde tras a desatención das demandas populares o bipartidismo imperfecto que alternaba gobernos con partidos fortes e monolíticos entrou en crise despois de 30 anos de relativa estabilidade, o actual número de partidos no hemiciclo e as súas faccións políticas articulan con certa solvencia as distintas reivindicacións na política electoral, relacionándose nun sentido negativo coa capacidade de apertura do sistema político.

Por outra banda, o actual sistema electoral español, respecto do cal Más País tomou a decisión de presentarse só en certas circunscricións para non restar ao bloque progresista, non é o suficientemente proporcional como para permitir unha contenda positiva, existindo un gran risco de (pese a decisión tomada) non obter representación en boa parte das circunscricións nas que se presenta. Tamén, outro dos elementos determinantes neste estruturación da oportunidade política que trata de (xerar e) aproveitar Más País son os medios de comunicación: a conformación oligopólica dos medios de comunicación e os criterios empregados polos mesmos para definir a novidade condicionan a posibilidade de cobertura do proxecto. Debemos de ter en conta na experiencia de Unidas Podemos que os medios de comunicación xogaron un papel fundamental na definición da seriedade e capacitación dos actores políticos para dirixir política e moralmente o país.

Algunhas consideacións sobre o discurso de Iñigo Errejón

A continuación exporei algunhas consideracións sobre os discursos realizados por Iñigo Errejón en tres escenarios: no arranque da campaña electoral en Sevilla, no momento de precampaña no que presenta o acordo verde, e na entrevista realizada cono Ana Pardo de Vera en Público. Nestas exporei:

  1. que no arranque de campaña, con motivo do lugar (Andalucía, onde goberna o bloque reaccionario) Errejón integrou novos elementos no discurso que permitiron captar a especificidade do seu proxecto;

  2. que debido a mediatización na axenda pública do conflito en Cataluña posterior á publicación da sentenza, o ethos federal proposto por Errejón para abordar o bloqueo político no país semellou totalizar a súa proposta discursiva, correndo o risco de diluír as propostas e gramáticas políticas necesarias para diferenciar o seu proxecto respecto dos demais; e 3) que a gran tarefa (a construción do pobo nun sentido progresista) na que leva insistido tanto Errejón estes últimos anos pode alimentar belas paixóns políticas que combatan o encorsetamento da nación por parte das dereitas e o fastío e a desafección provocado polo desacordo entre as esquerdas.

Empecemos pola primeira cuestión, iniciándoa co pasaxe:

Ha querido la casualidad que iniciemos la campaña en Sevilla, en un día en el que está muy concurrida y que mucha gente inicia su campaña aquí. ¿Y nosotros por qué la iniciamos en Sevilla? ¿Por qué la iniciamos en Andalucía? 

Os lo digo de una forma muy rápida: porque estamos en política para que lo que hay en San Telmo no llegue a Moncloa. Porque estamos en política para que el acuerdo de las derechas de San Telmo no llegue al Palacio de la Moncloa. Porque nosotros le tenemos un profundo cariño y un profundo amor a la España que somos en el año 2019, y sobre todo, a la que vamos a ser en la próxima década, en la década de los años 20 del siglo XXI que queremos que sea de justicia social, de feminismo, de transición ecológica y de reconstrucción del Estado del Bienestar. Les decimos a todos aquellos, que desde San Telmo y ahora intentando acariciar la posibilidad de llegar a la Moncloa con las Fake News y con las mentiras, que quieren retrotraernos y que quieren hacer retroceder nuestra patria 60 años, al país de 1939, al país del silencio, al país de las mujeres encerradas en casa, al país de la falta de oportunidades, al país en el que para que te vaya bien tienes que tener un apellido o tienes que tener un padrino, que nuestra España, la de 2019, no vuelve para atrás.

Hemos tenido responsables, mas bien irresponsables que nos han hecho perder una inmensa oportunidad. La victoria progresista de abril la convirtieron en una derrota en las negociaciones en las urnas, pero nosotros hemos dado un paso adelante por responsabilidad, para garantizar que vuelve a haber victoria progresista, y que esta vez lo que los ciudadanos ganaron en las urnas se respeta después en el congreso de los diputados y en el gobierno de España”.

Nesta pasaxe do discurso de inicio de campaña de Errejón pódese observar a vinculación de Más País cunha tarefa fundamental: a construción dun bloque hexemónico que se enfronte ao bloque político reaccionario (PP-C´s-VOX), o cal atopa na experiencia andaluza o paradigma do seu rearme moral e ideolóxico. Trátase dun discurso que fixa o antagonista (o “eles”: as dereitas de San Telmo) e define o “nós” non só no que queremos ser, senón no que xa somos; na reivindicación dun proxecto nacional e popular que coa mirada longa, sexa capaz de detectar os anhelos populares desatendidos durante o fracaso na constitución dun goberno (diante, os anos de ingobernabilidade, e de fondo, a incapacidade de xerar precedentes na construción dun bloque político que dirixa o país). E neste fío narrativo, a referencia á irresponsabilidade de UP-PSOE aparece como a forma de lexitimación dun proxecto nacido para reartellar unha vontade xeral entumecida no curtopracismo electoral e na bunkerización da política española.

Estes elementos aparecidos no discurso son importantes, porque non só se quedan nas formas de entender as relacións de representación (representante-representado) ou no ethos que debe definir ao bloque progresista, senón que trae a colación as consecuencias de non facelo (desafección, apatía, desconfianza, medo). Entregar, ou neste caso, darlle aos que teñen un proxecto de país oligárquico e autoritario unha segunda oportunidade de dirixilo moral e politicamente, aparece como unha falla que cabe definir en dous sentidos: 1) na oportunidade de impulsar un sentido que federe as diferencias e que sexa capaz de articular un campo democrático; ou 2) na continuación dunha crecente desafección, apatía, desconfianza e medo no seo da cidadanía (terreo infértil para acadar cambios).

Lembremos que a crise do bipartidismo e a conformación dun novo sistema de partidos, xunto coa especial intensidade do proceso soberanista catalán xerou unha incerteza ao redor de como avanzará a Constitución española. Despois dos sucesos referidos á organización interna do PSOE entre 2016 e 2017, o PSOE pareceu recuperar unha certa consistencia no discurso político sobre a Constitución, pero de ningún modo semellante ao que representou no seu momento a aposta política de González; mentres que o Partido Popular, virou dende a indisposición contra a Constitución nos tempos de AP a postularse como unha forza literalmente constitucionaiísta. Na súa vida democrática, a Constitución leva sido escasamente reformada, de modo que moitos sectores da sociedade perciben a súa relación coa mesma como anticuada. Antes de realizar este discurso, o desafío soberanista en Cataluña apareceu con moitísima forza debido ao coñecemento do contido da sentenza a finais de outubro. Penso que a selección temática e os asuntos mediatizados recentemente denotan especialmente ao caso catalán como síntoma dunha crise en España.

Os autodenominados “partidos constitucionalistas” son incapaces de reconciliar a Constitución coa vontade popular en Cataluña. Esa vontade popular esixe o exercicio de autodeterminación (interna e externa) nun sentido amplo: dende a unilateralidade e autogoberno até a bilateralidade e o goberno compartido. En medio da prolongada decadencia das elites dirixentes, que levan 7 anos sen a capacidade de acordar un novo pacto social (reforma constitucional nun sentido federal que acomode esa vontade popular), os sectores reaccionarios esixen a utilización do aparello coercitivo do estado así como de artigos constitucionais excepcionais, impulsando unha forza punitiva e excluínte que desconecta con millóns de cidadáns do seu estado. É a historia dun bloque hexemónico fragmentado, que non ten un proxecto popular e democrático, senón que oligárquico e autoritario. Con axuda da escenificación da violencia9 realizada polos medios de comunicación estatais, este bloque estancado contribuíu á formación un relato (que como vemos mantén un consenso superposto en torno á violencia) que desconectou coas causas que levaron a que cada vez máis cidadáns en Cataluña opten pola unilateralidade e os métodos de loita violento10: “unha minoría de malos manifestantes emprenden accións violentas contra as forzas policiais que defenden a constitución e a legalidade”.

O problema non reside en que unha minoría dos manifestantes sufren esquizofrenia paranoide e dáselles por facer barricadas, posto que o crecente aumento da intransixencia correlacionase coa incapacidade institucional de abordar as demandas populares e democráticas. O problema está no subconsciente deste “bloque en decadencia”, que halagan ao pacifismo e cívismo dos manifestantes só en contextos excepcionais (non durante os 7 anos nos que se conformou o proceso) nos que se poñen entre paréntese as súas liberdades e dereito. E por suposto coas nosas clases dirixentes, que desconectaron fai moito de Cataluña, e só pensan a política en termos de “bunkerización” e “trincheira”, utilizando a constitución como un ladrillo e relacionándose nun sentido represivo co espíritu democrático e popular do movemento en Cataluña, deixando un lugar peor para todos os españois.

O contorno das fiestras de oportunidade en política non se define nun momento previo a vontade dos actores, senón que é o produto e o produtor no que se instalan as mesmas. Nese sentido, o dominio na axenda pública do problema catalán parece que reforzou a centralidade da apelación á responsabilidade de estado e á cultura pactista e federal. O contexto de desacordo entre as formación progresistas que sirve de cimento para lexitimar a candidatura de Más País viuse acompañado por unha cantidade de discursos durísimos e antagónicos no respectivo ao eixo nacional (España- Cataluña). Aquí, a diferencia dun momento populista onde os contornos desbordan ás elites e o antagonismo xorde como necesario dispositivo de sentido, o elemento discursivo consensualista aparece como a clave á hora de ofrecer un horizonte de sentido para o conxuntos dos pobos de España.

Creemos que con estas consideracións se poden comprender mellor as declaracións de Errejón ao respecto da sentenza e dos sucesos de violencia en Cataluña. Recoñezo que unha vez vista a entrevista en Público continuou unha sensación ambivalente que me sucede cada vez que escoito a Errejón nesta campaña. Un reflexo do narcisismo reside na constante pescuda do igual: da sensación pracenteira que reporta escoitar comentarios positivos ou ver imaxes excitantes. A min, naquel momento, o discurso de Errejón non me produciu a excitación ou conmoción á que me acostumaron as súas intervencións nestes últimos anos.

A súa apelación constante á responsabilidade de estado ou a favorecer a gobernabilidade do bloque progresista, xunto co xesto e a tonalidade propios dunha cultura do acordo (pactista e reflexiva) resúltanme insuficientes nesta campaña. Para o meu pulso, quizais un tanto narcisista para a cultura empática proposta, este debe incidir no antagonista e ser capaz de marcar con máis agresividade ó bloque reaccionario. Porque de non sinalar contra quen vai, da a sensación de que o horizonte de sentido que Más País propón como favorable para as preferencias do pobo (transición ecolóxica, xustiza social, étc…) pode diluírse na cultura pactista e federal (normativamente defendible, coa que debemos concordar). Isto é, que a defensa do diálogo e o entendemento do outro coma centro do discurso (figura do arbitro, arbitrio) pode difuminar os obxectivos políticos propostos (tomar partido, ser partisano) para resolver a crise social e territorial en España. Por iso paréceme un discurso que potencialmente deberá equilibrar ambos elementos, que ademais considero que non teñen porque ser irreconciliables.

A pesares disto, Errejón sinala cousas moi interesantes para abordar o problema nacional en España cando fala da relación entre o conflito catalán e os dereitos cívicos, o punitivismo vitimista das dereitas ou a necesidade de recompor lazos afectivos e sociais en Cataluña. Todo isto faino, dende a asunción do federalismo coma un ideal político e normativo moi complexo, no cal caben diferentes percepcións sobre a federación: dende a defensa do dereito de secesión e autodeterminación para os membros da federación, até a defensa dunha federación plurinacional (asimétrica) con amplos niveis de autogoberno e participación no goberno compartido, pasando por modelos de federalismo simétricos limitados ao recoñecemento dalgunhas competencias para minorías culturais ou dun federalismo uninacional de carácter cooperativo que asume unha certa descentralización administrativa (Máiz, 2019).

Por exemplo, sobre a forza punitiva (lei de seguridade nacional, 155, estado de emerxencia) emerxente no discurso reaccionario (PP-C´s-VOX) á hora de abordar a cuestión en Cataluña explica que:

¿De qué ha servido? ¿Hoy hay más catalanes que tienen voluntad de convivir con el resto de españoles? En mi opinión menos, porque el problema en Cataluña no es de orden público. Hay un problema de orden público, pero ojalá la convivencia se pudiera restaurar tan fácil como se compra contenedores nuevos. No me gusta que se quemen contenedores, pero los contenedores se compran. La convivencia y los afectos tardan mucho más en restaurarse, y cuando se rompen, puede ser la tarea de toda una generación. Fíjense que yo ni siquiera le pido ya a los actores políticos de hoy que seamos capaces de solucionar la situación, pero al menos de no empeorarla, al menos de no poner más piedras en el camino de lo que va a tener que ser un reencuentro; entre catalanes, y entre Cataluña y el resto de España. 

Aparecendo de forma moi clara a necesidade de recompor o lazo social e de fomentar as paixóns políticas dende o federalismo. Sobre a sentenza do Tribunal Supremo argumentou a conexión entre os dereitos civís e o uso de medidas de excepción democrática cando di que:

La sentencia constata que no ha habido violencia organizada pero, sin embargo, impone unas penas altísimas. La pregunta va más allá de Cataluña: ¿La protesta pacífica que contravenga normas legales, va a recibir ese castigo siempre, en todos los casos? Porque a lo mejor hoy sobre Cataluña hay ciudadanos a los que le parece bien ¿Y si después se aplica a otras cosas? ¿Y si después se aplica a un desahucio, a una huelga general o a una movilización vecinal? Porque las medidas excepcionales siempre entran por una ventana pero casi nunca salen luego.

Para finalizar, e pensando nas mesmas claves que el mesmo comentou durante este ciclo político, cando por exemplo dicía na entrevista con Pardo de Vera que:

El objetivo de la izquierda no es fortalecer la izquierda, es hacerle la vida mejor al pueblo. La construcción que queremos no es la construcción de la izquierda, es la construcción del pueblo. Nosotros primero estamos comprometidos con la soberanía popular, la igualdad de derechos y la justicia social, eso es lo que hay que tener en mente. La izquierda es un medio, no un fin. El fin es construir un pueblo que pueda vivir en condiciones dignas, con menos miedo, con menos precariedad, con menos privaciones. Ese es el objetivo, y eso es lo que hay que tener siempre en mente, el horizonte es servir al pueblo español.

Teño a convicción de que unha idea de patria democrática (plurinacional e popular) é máis necesaria que nunca e posúe a capacidade de alentar belas paixóns políticas, a diferencia das miradas nostálxicas, narcisistas e pracenteiras do nacional propostas polo bloque reaccionario tras os sucesos en Cataluña. Entre os candidatos do espazo progresista o 10 de novembro, Errejón quizais sexa o máis consciente do potencial transformador desta idea. Unha idea aproximada dende unha concepción constructivista da política, que rompe coas esencias ao mesmo tempo que entende o lugar das emocións e as paixóns, e que lle permite entender á nación como un proceso inacabado, en permanente construción (e disputa) histórica.

Sacada a colación dalgún que outro alarde patriótico na víspera do 12 de outubro, a cita de Arturo Jauretche escollida por Errejón na presentación do adianto do programa electoral de Máis País condensa todos estes asuntos, e o que é máis importante, clarifica as disposicións de cada un dos proxectos de España: Su nacionalismo se parece al amor del hijo junto a la tumba del padre, nuestro patriotismo es el amor del padre junto a la cuna del hijo. Para ellos la nación es arqueología, para nosotros es fundamentalmente futuro, es un nacimiento constante.

Conclusións

É difícil prever o teito de votos que recibirá Más País nas próximas eleccións xerais do 10 de novembro, xa que existe toda unha serie de factores que condicionarán o apoio electoral a esta forza emerxente, pero como temos argumentado, pensamos que máis que nunca os resultados da formación dependerán fundamentalmente da articulación discursiva proposta.

Conversando sobre a posible estimación de voto deste partido en Galicia (Pontevedra e A Coruña), un compañeiro relatou varias consideracións, ao meu parecer do máis interesantes, que pretenden emendar a totalidade da hipótese na que se sustenta o proxecto político de Errejón. Segundo él, Más País mantén un conflito entre dúas almas (unha populista e unha verde) que representan espazos políticos potenciais, pero que debido ás formas de configurar esta candidatura quedarán anuladas, canto menos, neste próximo ciclo electoral. Imos cos argumentos expostos polo compañeiro:

    1. Até o momento, as repeticións electorais en España implicaron un repregue cara o bipartidismo e nunca ampliaron a oferta electoral, constituíndo un risco implícito para calquera partido político novo.

    2. A traxectoria intelectual de Íñigo Errejón o sitúa no campo dun “populismo español”, o cal non semella manter unha naturalidade nas alianzas con determinadas forzas rexionalistas. Esta política de alianzas, necesaria en termos de mobilización e estrutura militante, pode ser contraproducente se non é explicada ao “alma populista”.

    3. Errejón coñece a orfandade dun electorado: as clases medias, formadas e cosmopolitas. Trátase dun perfil que representa o groso do electorado dos partidos verdes en Europa, e que en España foi fidelizado por parte do PSOE. A potencialidade deste electorado existe, pero o contexto e a temporalidade destas elección non van a permitir construír tales lealdades.

    1. Como figura política, dada a dependencia do seu liderazgo, Errejón provoca simpatía en amplos sectores politizados, persoas formadas e clases medias. Pero ao mesmo tempo, esta simpatía (non necesariamente carismática) non se traduce nunha necesaria lealdade ao seu proxecto político, polo que se proxecta a súa figura como se fose a dun “escudeiro”. Isto remite a dous xuízos sobre a falta de carisma da súa figura: que a moitos do espazo progresista lles encantaría que Errejón fose o segundo do seu partido; e que só o “alma populista” e comprometida votará convencido por él. De ser certa esta formulación, a “loita contra a abstención” na que se basea o discurso de Más País (“Desbloquear. Avanzar. Más País”) non será efectiva, posto que estes perfiles xa teñen decidido o seu voto.

    2. As amplas simpatías que xera no espazo progresista entre UP e PSOE dilúense debido á polarización dambos electorados sobre o reparto das culpabilidades. A opción intermedia que pretende representar (o acordo, entendemento) considérase unha traizón, especialmente no electorado vinculado a UP, e prodúcese outra paradoxo: todo votante do PSOE desexaría que o electorado de UP votase a Más País e todo votante de UP desexaría que o electorado do PSOE votase a Más País, pero ningún está disposto a cambiar.

    3. As estimación proxectadas nas diferentes enquisas non axudan a xerar confianza no potencial electorado desta formación. Errejón non é a primeira preferencia de voto de case ninguén. O cabreo coa política non se traduce necesariamente en abstencionismo, senón en polarización e reforzo: o único partido que descende nas enquisas é Ciudadanos, o cal ten un votante calculador.

En liñas xerais o argumentario do compañeiro pode ser acertado, agora si, temos certas distancias ao respecto de varias cuestións:

  1. A tensión producida entre as dúas almas de Más país pode ser rica e producir un equivalente capaz de ensanchar o bloque progresista, pero o problema non esta no risco implícito a calquera saída do orden das esencias, senón que no total solapamento das almas en prol do discurso da gobernabilidade. Un discurso homoxeneizante, que prioriza a dimensión asociativa da democracia perante a falta de entendemento dos principais actores do bloque progresista (UP-PSOE) corre o risco de non transmitir o antagonismo; e a necesaria reivindicación da idea da política como productora dun orden social, se non ven acompañada por unha conxugación de demandas que especifique a vontade colectiva a representar (o universal) non terá capacidade para definir o terreo da discusión política. Isto é, en resumo, que se o obxectivo é politizar aos sectores desencantados cos dirixentes políticos progresistas deberase ter a capacidade de interpelalos mediante un discurso que aglomere múltiples gramáticas, non só a do pragmatismo (fronte a irresponsabilidade).

  1. En 2014 vivíamos unha crise de representación: os agravios dispúñanse a ser traducidos politicamente dado a forza punitiva que contiñan cara os partidos de goberno, os cales desatendían as demandas populares. Pero hoxe, tales agravios atópanse representados no Parlamento, e a crise de representación converteuse nunha crise de gobernabilidade. A ingobernabilidade, a pesar do fastío, non implica necesariamente unha desmobilización significativa dos electorados, e no caso de implicala, os desencantados dificilmente se decantarán por Más País, a non ser que a articulación discursiva deste sexa capaz de producir paixóns políticas mobilizadoras. En definitiva, é moito máis doado mobilizar o voto dun indignado orfo de representación (nunha precondición socioeconómica distinta) que o dun desencantado cos seus representantes.

  2. A figura de Errejón lígase a unha traxectoria coñecida e compartida por todala cidadanía: o seu paso por Podemos. Se os resultados en Madrid amosasen unha clara vitoria da súa hipótese, a desvantaxe carismática que ten respecto de Iglesias podería paliarse, pero como a súa aposta política non triunfou, o lider de MP non significou positivamente a súa figura. Á irrupción desta nova forza política non lle acompañan novos liderazgos carismáticos, capaces de dilucidar aos descoñecidos, complicando as formas de representación necesarias para calquera proxecto emerxente.

  3. A curto prazo, a base sociolóxica na que descansa o electorado de Más País dificulta a construción transversal do pobo, pero sen caer nunha especie de mecanicismo, debemos indicar que a cadea equivalencial verde de Más País ten amplas posibilidades de proxectarse no medio e largo prazo. O problema, ao igual que coa alma populista, repítese de novo co alma verde do partido: a identidade política predominante na articulación discursiva de Más País (cidadanía enfadada co desacordo entre as esquerdas para formar goberno) pode superporse sobre a identificación cun programa ecoloxista, minorizando o apoio electoral nestas eleccións.

O proxecto de Errejón apostou por unha estratexia contraproducente, que fai que a “alma populista” estea, canto menos, desorientada e nerviosa. Se o reto intelectual de Errejón é a construción dun suxeito capaz de acadar un cambio político, é dicir, dun suxeito radical e maioritario, e este é necesariamente amorfo, heteroxéneo e diverso, a súa articulación e unificación debe realizarse en torno a unha identificación nacional-popular (Errejón, I., Mouffe, C., 2016). Pois ben, os pasaxes recollidos neste artigo relaciónanse con esa tarefa histórica e representan momentos discursivos que escasearon durante a campaña de Más País.

Esa tarefa parte da centralidade (Errejón, I., Mouffe, C., 2016): 1) do antagonismo, é dicir, da asunción da negatividade como algo constitutivo e insuperable nas sociedades políticas, e polo cal os conflictos non poden solucionarse mediante unha solución racional; e 2) da hexemonía, que se relaciona coa admisión “da falta dun fundamento último” e o recoñecemento da “dimensión de indecibilidade e continxencia que impregna todo orden” (p. 13), ou o que é o mesmo, coa admisión de que todo orden social é producto dunha serie de prácticas establecidas nun contexto continxente.

A batalla polo sentido, a “práctica hexemónica” que desnaturaliza o orden instituído e as accións sedimentadas, precisa de fronteiras políticas para ser efectiva. Se o proxecto político de Más País quere construír un bloque político progresista, debe facelo contra un bloque conservador-reaccionario que non só manifesta o contido das inxustizas como obxectivo, senón que mantén unha “ofensiva oligárquica” e “deconstituínte do pacto de 1978” (p. 19), agora impulsada moralmente por VOX.

O decrecente apoio social e electoral de Podemos foi considerado por parte de varios dos intelectuais que rodean a Errejón como un síntoma do realiñamento cara os contornos tradicionais da representación política. En 2016, Errejón escribía que repensar o político pasaba pola construción dunha contrahexemonía, e que esta, para non ser bloqueada, tería que enfrontarse ao cinismo e ao mecanicismo no seo das esquerdas: “Nun caso a asfixia unha visión relixiosa da política, que consiste na división entre puros e traidores e recitar salmos revolucionarios. No outro, a soidade e a falta de referentes, celebrada como liberdade, condena aos subalternos á impotencia e a dispersión” (p. 29).

Os discursos de Errejón máis acertados, que emocionan e fomentan as mellores paixóns políticas, son aqueles que xorden da colisión entre o cinismo e a nostalxia, da unión entre a responsabilidade e a convicción, e do intervalo entre o que é e o que debe ser o pobo. O contexto político español caracterízase pola fractura interna do bloque progresista, e como nacido no interior dunha falla, o horizonte de sentido que articule Más País pasa por atoparse, pero tamén por abrir unha fenda contra a ofensiva oligárquica.

1 Sintetizamos aquí o concepto empregado por Villacañas na súa Historia del poder político en España (2014), recollido da intencionalidade declarada por Guerra e González de conformar un novo bloque hexemónico favorable á Constitución. Para o autor, este concepto designa a forma de gobernabilidade posterior a caída de parte do inicial bloque hexemónico (UCD-PSOE-PCE) que acompañou á Constitución de 1978. Esta forma de gobernabilidade atopa as súas raíces na desastre de UCD e o impulso do PSOE entre as eleccións xerais de 1977 e do 1979, nas que o partido fixou as súas aspiracións en “asegurar a súa hexemonía sobre a esquerda” e obter” unha maior representatividade popular que o PCE”, así como en autopercibirse como un “potencial aparello de goberno” (p. 601). O PSOE sucedería á formación de Suárez como unha “alternativa de poder máis orgánica” (forza sindical, apoio local) e capacitada para culminar a Transición política (de cuxo goberno dependía a supervivencia das institución monárquica), superando o acordo implícito entre UCD-PCE, no cal a xeografía do país partiríase entre o centro-esquerda/extrema-dereita e a esquerda (comunista) respectivamente.

2 Segundo Göran Therborn (2018, p.22), as principais variables causantes da crise política da socialdemocracia foron: 1) a desindustrialización; 2) a devastación de estruturas institucionais e organizativas arraigadas na sociedade industrial;3) as novas olas migratorias; e 4) o “ilusorio consenso entre as elites de que o crecemento económico e as actuais formas de Estado de benestar fixeron innecesaria a reforma social e a xustiza social”.

3 Existe abundante material que aborda en que consiste esta posición, nós nos remitimos a algúns dos escritos de Vincenç Navarro para esbozar unha definición. Segundo este, trataríase: 1) dunha “estratexia política […] referencia da socialdemocracia en moitos países europeos que quedaron impresionados pola gran vitoria do partido dirixido por Tony Blair [..] en 1997”, provocando o desprazamento dun partido de esquerda ou centro-esquerda cara o centro ou o centro-dereita (2006, p. 267); 2) apoiada por un amplo grupo de reputados intelectuais, entre os que cabe destacar Anthony Giddens ou Ulrich Beeck; 3) que implicou a acollida a un ideario liberal (e neoliberal no económico) que imprendou o desenvolvemento da gobernanza da UE a través dunhas “culturas económicas e políticas hexemónicas” (2014); 4) provocando varios efectos posibles, como o aumento da abstención. Para Navarro (2006), esta estratexia do New Labour supuxo unha perda significativa do seu electorado potencial, potenciando unha abstención xeneralizada que se concentrou nos seus distritos tradicionais. A ampla concienciación das capas intermedias da poboación sobre o deterioro dos servizos públicos e a frustración das capas máis empobrecidas (menos conscientes de tal deterioro) supuxeron, para as primeiras, o transvase de votos cara o Partido Demócrata Liberal, e para as segundas un comportamento abstencionista.

4 Como se pode deducir do exposto até agora, a crise política da socialdemocracia tamén abarcou a desaparición dalgúns partidos comunistas de masas como o PCI ou o PCF (Therborn, 2018), ou ben a súa perda de representación (PCP, KKE).

5 Unha expresión da concienciación crecente sobre este asunto témola no artigo PSOE: entre el `sorpasso´ y la pasokización´ referenciado ao final da entrevista de Gloria Elizo (2016), escrito 6 meses antes da celebración do segundo Vistalegre. Os debates previos a este congreso podemos consideralos como un síntoma evidente da crise de identificación de Podemos con respecto a como relacionarse PSOE.

6 Esta posición aparece de forma totalmente transparente na intervención de Pablo Iglesias no programa de Fort Apache en 2015 (Pablo Iglesias en Fort Apache: Hay que obligar a los socialistas a cambiar de política), ou tamén nesta outra intervención nese mesmo ano, onde defende que a posibilidade dun fronte de esquerdas non vai a ampliar necesariamente o electorado de Podemos (Pablo Iglesias razona en Fort Apache el rechazo al frente de izquierdas). En ambas intervención refléxanse como obxectivo fundamental a subalternidade do PSOE, e no caso da segunda intervención a capacidade crítica de Iglesias con respecto aos intelectuais situados tradicionalmente no espazo político á esquerda do PSOE , o cal non se expandiu a pesares da evidente crise do partido socialista.

7 Unha caracterización da política nos tempos da sociedade da aceleración a ofrece Luciano Concheiro (2016). Segundo este, a lóxica de aceleración implícita no capitalismo contemporáneo ten configurado un exercicio da política curtopracista, onde a visión é inmediata (e non cara un horizonte normativo), as convicción son fluídas (cun cambio constante das preferencias) e no que as solucións deben ser rapidamente visibilizadas e explotables. Deste modo, os obxectivos políticos restrínxense a asegurar o triunfo electoral ciclo tras ciclo, cubrindo só as necesidades inmediatas e sen postular ningún “plan xeneralizable” (p. 49).

8 Se PSOE e UP houbesen chegado a un acordo, sería a primeira vez cun goberno central de coalición en democracia. unha realidade que opera dende fai tempo nalgúns países europeos e que en España está en marcha nalgunhas das Comunidades Autónomas. Cabe destacar coma exemplos de gobernos de coalición segundo bloque á vía andaluza (bloque reaccionario: Ciudadanos e Partido Popular co apoio de VOX) ou a vía valenciana (bloque progresista: Partido Socialista Obrero Español e Compromís, co apoio de Podemos).

9 Os medios de comunicación abordan o exercicio de desobediencia civil en Cataluña como se se tratase dunha guerra fratricida entre catalans. Por suposto que todo nacionalismo promove fronteiras interiores no seo da cidadanía, pero o relato mediático está infundamentado. En Cataluña existe un movemento cívico activo e plural nas súas demandas, estratexias e métodos de loita, que abranque un amplo espectro ideolóxico e conecta distintos sectores sociais. Outra parte da cidadanía en Cataluña está desconectada co clima político, expectante dispersa pola xeografía catalana. E unha minoría, inconsistente e incapaz de mobilizarse asumen o rol rivalizante, de denuncia e protesta contra o amplo movemento popular e democrático (a unidade dos desmobilizados e desta minoría conformarían a ensoñación das nosas clases dirixentes: a suposta maioría silenciosa). Como os medios de comunicación de masas estatais son conscientes desta situación, enmarcan a cuestión da violencia como un acto unilateral (de parte) e unidireccional (cara as forzas policiais) do movemento popular e democrático catalán. A violencia é bidireccional: dende as forzas policiais cara os manifestantes, e dende sectores dos manifestantes cara as forzas policiais. Aquí aparece o sesgo informativo dunha forma moi nítida, xa que a cámara (o “ollo”) escenifica a barricada e os disturbios (periodistas con casco, disturbios, colectores do lixo ardendo, comercios desfeitos) pero non os abusos policiais ou as respostas desproporcionadas.

10 En toda formación da acción colectiva os sectores instransixentes aumentan conforme as demandas son sistematicamente desatendidas polas institucións públicas. Moralizar a violencia e debater sobre as condicións nas que exercela é lexítimo, agora, desatender o proceso da súa conformación non o é, porque cando se estetiza a violencia desaparece o “outro” e aparecen as prácticas irreflexivas e espontáneas.

Bibliografia

Concheiro, L. (2016), Contra el tiempo, Barcelona, Anagrama.

Elizo, G. (2016), “PSOE: entre el `sorpasso´ y la `pasokización´”, Infolibre, 29 de agosto. Disponible en: https://www.infolibre.es/noticias/opinion/2016/09/29/psoe_entre_sorpasso_pasokizacion_55453_10 23.html [consulta: 16 de outubro de 2019].

Errejón, I. (2015), “¿Qué es el análisis político?”, Instituto 25M para la democracia. Disponible en: https://instituto25m.info/que-es-el-analisis-politico-inigo-errejon/ [consulta: 16 de outubro de 2019]. García, B., Alabao, N., y Pérez, M. (2018), “Huelga feminista en España”, New Left Review, número 110, pp. 39-43.

Kitschelt, H. (1986), Political Opportunity Structures and Political Protest: Anti-nuclear Movements in Four Democracies. Cambridge University.

Máiz, R. (2019), Nacionalismo y federalismo, Madrid, Siglo XXI.

Navarro, V. (2006), El subdesarrollo social de España, Barcelona, Anagrama.

– (2014), “Blair, Zapatero, la tercera vía y el fracaso de la socialdemocracia”, Público, 20 de xaneiro. Disponible en: https://blogs.publico.es/vicenc-navarro/2014/01/20/blair-zapatero-la-tercera-via-y-el- declive-de-la-socialdemocracia/ [consulta: 16 de outubro de 2019].

Ramas, C. (2018), “¿Es el feminismo la `destrucción del derecho´? Sobre normas y universales”, CTXT, 16 de decembro. Disponible en: https://ctxt.es/es/20181212/Firmas/23452/Clara-Ramas- tribuna-derecho-mujeres-vox-desigualdad-reconocimiento.htm [consulta: 16 de outubro de 2019].

Therborn, G. (2018), “La nueva Suecia”, New Left Review, número 113, pp. 7-31.

Vega, C. (2018), “Reflexiones sobre impunidad, punitivismo y justicia en los feminismos en movimiento”, Sin Permiso, 12 de xaneiro. Disponible en: http://www.sinpermiso.info/textos/reflexiones-sobre-impunidad-punitivismo-y-justicia-en-los- feminismos-en-movimiento#_ftn1 [consulta: 16 de outubro de 2019].

Villacañas, J.L (2014), Historia del poder político en España, Barcelona, RBA.

– (2015), “Crisis orgánica y hegemonía neoliberal”. La Circular, 10 de abril. Disponible en: https://www.lacircular.info/index.html%3Fp=74.html [consulta: 16 de outubro de 2019].

Zizek, S. (2012), El año que soñamos peligrosamente, Madrid, Akal.

Material audiovisual

HispanTV (2015): Pablo Iglesias en Fort Apache: Hay que obligar a los socialistas a cambiar de política, [vídeo online], Disponible en: https://www.youtube.com/watch?v=VeI-mu4uGRs [consulta: 16 de outubro de 2019].

– (2015):Pablo Iglesias razona en Fort Apache el rechazo al frente de izquierdas, [vídeo online], Disponible en: https://www.youtube.com/watch?v=JfrktpFiKHw [consulta: 16 de outubro de 2019].

*A imaxe empregada na cabeceira é recuperada de:

@CastiJordi ( https://twitter.com/CastiJordi/status/1181137107559092224)

SOBRE O AUTOR

Nicolas Filgueiras González. Graduado en Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe sobre diversos temas, pero interésase especialmente na teoría e a economía política.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s