“Yo pensaba que esto no pasaba acá”

Deille moitas voltas a como abordar este artigo. Como podía expresar da maneira máis clara e máis obxectiva posible o que está a acontecer en Chile. Como non deixar que a dor e a raiba desdebuxen un relato que merece ser contado.

Foi daquela cando me decatei de que non me corresponde a min facelo. De que a única contribución que podo facer é difundir e darlle voz a un pobo que leva días loitando contra un estado que lle declarou a guerra.

A poboación rebelouse para escribir a súa historia e non vou ser eu quen lle arrebate un dereito que gañou a pulso.

Pasou que “Hubo un alza de 30 pesos en la tarifa del transporte público que detonó todo. Porque en Chile había muchos problemas sociales. Mala salud, mala educación, es cara y no gratuita, el sueldo mínimo es súper bajo, las pensiones malísimas. Lo que pasa, que sacaron a los militares también a la calle, a formar como mayor represión a la gente porque en la tele lo trataron de mostrar como que eran manifestaciones solo de delincuentes. Empezaron a quemar los metros, haber saqueos…

Muchos montajes de la policía también, y desinformación en la tele. La verdad es que sales a la calle, por donde andes, en la calle donde estei, vos ves a gente tocando ollas, manifestándose, grupos, marchas, pero organizado cuático, mucha gente que se está organizando y exigiendo nada más que sus derechos, una vida más digna.

Pero por parte del gobierno solo ha dado más represión y parece una dictadura, igual como la que tuvimos en el 73. Al final no da el brazo a torcer, sigue mandando represión. Los militares han desaparecido gente, han matado gente, violado a mujeres. Igual que los pacos.

En el Parlamento y en el Congreso no saben cómo arreglar esto. Gobierna la derecha y gobiernan con mucha represión. No le ven el tema de fondo a esto, solo ven las manifestaciones.” Testimonio anónimo.

“Hay mucho miedo. Pero la gente no le tiene miedo al ladrón. La gente normal le teme al militar porque no sabes si regresas a casa o te tiran dentro de un supermercado que después queman ellos mismos.

Yo pensaba que esto no pasaba acá. Como que siempre se admiraron de que no sé, en Ecuador está la mierda, en Nicaragua está la mierda, en España está la cagada igual. Y de repente veía los videos ayer, y ciertamente igual me daba pena porque mataron a mucha gente. Los milicos empezaron a disparar de la nada, muy dictadura, muy Pinochet está de vuelta. Hoy fuimos a una de las manifestaciones, no nos llevaron a ninguno. Pero hoy tuve más miedo igual. Como que ya están tirando a matar, están en otra fase.” B.P, estudante de Traballo Social da Universidad de Viña del Mar (UVM).

Na mesma liña Pilar San Martín, investigadora que conforma parte do equipo da organización Amnistía Internacional, declaraba o pasado martes que “Este tipo de situaciones no esperábamos verlas en Chile”. “Ha sido una mala sorpresa para todos, porque piensen que en este equipo de crisis solemos desplegarnos en contextos como el de Venezuela, como el de Nicaragua, como la represión en Honduras, donde la situación es verdaderamente alarmante, en donde a veces incluso, los gobiernos son acusados de crímenes de lesa humanidad, son en estos contextos en donde nos desplegamos, entoncesesto es solo para advertir que lo que estamos viendo en Chile es realmente grave”.

Por outra banda, M.N, estudante de intercambio en Valparaíso declara que “Hai unha toma de auga que controla o suministro. Nos primeiros días hai un vídeo do exército saíndo de ahí, antes de que se produciran os cortes. Militares saíndo da planta de Augas Andinas de Puente Alto, xusto á hora na que comezou o corte en diversas comunas de Santiago. Coa luz, hai rumores de que van facer arder a terminal eléctrica, pero tampouco hai fontes. O das comunicacións é que están censurando e borrando publicacións constantemente e as contas de Instagram teñen que poñer pantallazos nas historias para que non lle detecten o contido. Os vídeos e demais bórranlle todo, e as contas que fan de respaldo. 

Outra cousa é que, ou por incendios ou por outros motivos que non sabemos, ás veces falla a rede móbil, e hai rumores de que podemos quedar sen ela. O toque de queda decretouse o sábado 20 de outubro ás 21:00 para comezalo ás 22:00. O día seguinte ás 20:00, e agora ás 18:00.” (23/10/2019) “Non podes estar na rúa, e aínda que ao segundo aviso poden disparar con munición non letal, estano utilizando para facer desaparecer a xente e pegarlle un tiro aos que están na calle. Está prohibido manifestarse, entón con un aviso teste que retirar, e se non fas caso, ao segundo aviso poden disparar con non letal. Pero é mentira porque hai vídeos nos que disparan balas. E bueno, dependerá do caso, pero tamén hai vídeos nos que se ve a alguén na calle e van correndo a pegarlle. Nin aviso nin nada.”

A situación descrita durou ata o pasado venres, cando, tras a multitudinaria marcha que encheu as rúas de Santiago de Chile de máis de 1’2 millóns de persoas, o Presidente se viu obrigado a levantar o estado de emerxencia. Pese a isto os conflitos e as marchas continúan en distintas rexións do país.

FOTO CHILE
Fonte: Susana Hidalgo (BBC).

Na represión que se está a levar a cabo dende o inicio das protestas, apreciouse un emprego da forza desproporcionado por parte de militares e carabineros.

O 28 de outubro, o Instituto Nacional de Dereitos Humanos (INDH), calculaba máis de 3500 persoas detidas dende o 17 deste mes. Delas, máis de 1100 foron feridas, e destas, casi 600 están lesionadas por armas de fogo dalgún tipo. Estímase, pero aínda sen confirmar, que a cifra de mortos ascende a 20 persoas. Denunciou ademais que varias das persoas detidas durante os enfrontamentos que se deron en diversas localidades do país trasandino, sufriron malos tratos, golpes en rostros e coxas, torturas, espidos forzosos a mulleres e vexacións sexuais, entre outras vulneracións. O organismo documentou xa un total de 17 casos de torturas con violencia sexual.

Revelou grave actuar de militares contra mulleres “Amenazaron con penetrarla con el fusil”. Sinala tamén o caso dun mozo que “fue sometido a graves vejámenes constitutivos de tortura. Lo más grave son las vejaciones de índole sexual, lo obligaron a desnudarse, sin ropa interior; y estando esposado y golpeado, entendemos que fue objeto de abuso sexual por parte de Carabineros con el bastón de servicio”.

Chile, experimento por excelencia do neoliberalismo en América Latina, espertou para loitar por unha educación e sanidade públicas, unhas pensións dignas e unha nova constitución que borre os restos aínda presentes da ditadura de Pinochet.

Queren unha rede de protección estatal, facer públicos os servizos. Queren poder estudar sen endebedarse e poder permitirse ir ao médico sen ter que pensar en canto lles vai custar esa operación que non se poden permitir. Polo que está loitando o pobo chileno non é outra cousa que pola creación dun Estado de Benestar.

A xente está berrando que o sistema xa non funciona, que o crecemento económico e a alta renda percápita que caracteriza ao país no contexto latinoamericano esconden tras de si ao sétimo país máis desigual do mundo. Está berrando que xa non son os 30 pesos, son os 30 anos. E cando un pobo unido berra é difícil de silenciar.

SOBRE A AUTORA

Uxía Vázquez Suárez, graduada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e estudante de Traballo Social. Estadía anual en Chile, na Universidad de Santo Tomás e na Oficina Comunal da Muller da Municipalidade de Valparaíso.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s