Decadencia moral e política no Reino Español

“Los golpes de Estado desgraciadamente, hoy en día, no se dan con tanques o sables como en el siglo pasado sino que se pueden dar en los parlamentos.” Javier Ignacio Maroto Aranzábal.

“Vimos que el pasado día 6 pasó sin pena ni gloria el 83 aniversario de la declaración de independencia por parte de Companys. Creo que la historia no hay que repetirla, esperemos que mañana no se declare nada. A lo mejor, el que lo declare acaba como el que lo declaró hace 83 años.” Pablo Casado Blanco.

“La libertad de maternidad es lo que a las mujeres les hace auténticamente mujeres.” Alberto Ruíz-Gallardón Jimeno.

nico

Fonte: http://www.coquivacoatelevision.com.ve

O Reino español é o que é. Pode, e por suposto, debe cambiar. A continuación falarei da deriva autoritaria deste, das marxes de actuación das súas elites e dos focos de transformación do mesmo:

Oligarquía alérxica
Cando un grupo social dominante reacciona contra algo que non é molesto (nin debe selo) para a maioría da cidadanía, debemos indagar nas causas. A deriva autoritaria dun réxime político dáse no medio de accións que son sintomáticas de algo máis profundo, que no político chamamos distanciamento entre a elite e o pobo. Ese distanciamento, sempre cambiante e suxeito a contenda política, é crónico na historia do poder político en España. Quizais non sexa apresurado pensar que estamos perante unha “alerxia” de quen ostentou historicamente o poder con aqueles que non o conquistaron.

Nos últimos meses acentuouse unha deriva autoritaria do réxime, baseada en ataques orquestrados mediática e xudicialmente. Non se trata xa de ataques a partidos políticos, movementos sociais, organizacións sindicais ou contra a cidadanía activa. Trátase dunha
característica das elites políticas en España: a alerxia crónica a seu(s) pobo(s). Asemella simplista explicar unha tendencia autoritaria mediante unha característica histórica, pero si é operativa para entender o exercicio do poder político en España, o cal se realiza a través dunhas elites que só reconsideran a súa acción (se é que o fan) por un choque pragmático entre eles e outros grupos sociais.

Isto explica a un poder político incapaz de reconstituírse, de mudar en si mesmo. Este poder non funciona “en si” , senón “para si”, nun exercicio que formalmente non recoñece soberano pero que na práctica fica anquilosado en poderes económicos e institucións non electas, que acaba por normalizar a captación do mesmo por parte deses grupos sociais hexemónicos. Estes, acostumados a un exercicio do poder (para si) son capaces de saltar as súas propias leis. Rematan por xogar sucio, e máis cando se cuestiona a súa supremacía dende os grupos sociais subalternos (os de abaixo).

As elites políticas do noso país son alérxicas a un exercicio do poder que integre preferencias e prácticas democráticas. Cando nos ciclos de acción colectiva se enuncia ao pobo, derívase unha mensaxe: rematar cun exercicio do poder “para si” que non deixa de ser para “alguén”. Perante isto, o réxime actúa contra os focos potenciais de democratización social que rematarían coa lóxica arbitraria e privilexiante do “para si”. Esa neutralización impide un requisito normativo da democracia como é a existencia dun “poder en si” capaz de reconstituírse, de ser debatido, cuestionado ou mesmo cambiado, que acepte o pluralismo.

Poder da oligarquía sobre o pobo
Incapaces de agregar ou de atender as preferencias da cidadanía, a oligarquización do sistema político español é inminente: A nosa democracia camiña cara o descoñecemento da división de poderes, da liberdade de imprenta ou da garantía de dereitos individuais e sociais.

Nos períodos onde se abren oportunidades de cambio político, a oligarquía non só intenta consolidar ou ampliar o seu poder, senón que se dispón a non perdelo (totalmente). É neste escenario onde o instinto primario da oligarquía sae a flote, e é tamén onde aparecen as súas marxes de actuación. Incapaces de reproducir e materializar o seu consenso, aférranse ao aparello xurídico-formal do Estado (garante do seu poder), e por suposto, aos transmisores culturais e ideolóxicos derivados da súa posición de clase.

Dende estes espazos poden aplicar un poder brando/duro, cultural/militar ou intelixente/ignorante segundo a denominación. Podemos imaxinarnos por que o 8 de marzo todos os transmisores culturais e ideolóxicos asumiron as proclamas do movemento feminista cando un día antes non o facían, ou por que o día do referendo unilateral en Cataluña trasladaron semellante dispositivo policial. Tanto nunha forma intelixente como noutra ignorante, o que fan é sintomático de sentirse ameazados. En canto ao conflito catalán, non toleran que a sociedade civil se organice, nin moito menos que “fale”. A autodeterminación nacional é, na súa concepción da nación e do Estado, un principio incompatible, antagónico, e polo tanto debe ser “ignorado” (algo perante o que ser opaco). O seu exercicio de poder non é capaz de seducir, xa non é intelixente. Quizais por iso, o poder en crise tende a ser represivo con esas preferencias non integrables.

O(s) Pobo(s)
Esta diagnose (por suposto reducida e incompleta) é a historia do Reino Español. Desta volta, un reino sen Demo(s) e con Cracia, sen política, camiña novamente cara a autonomía absoluta do político. Con Cataluña temos un Reino Español en involución, que pasou do silencio ás penas e as porras, namentres branquea aos poderes económicos ou agasalla soberanía á Troika. Este é o eterno paradoxo, pero tamén o resultado de ser dos bloques históricos: nomean que é un problema e que non, que é un desafío e que non, segundo como sexan (e como “sexamos”) capaces de enfrontar tales temas. Hoxe, Cataluña é un problema que eliminar e o feminismo é un desafío que limitar.

Mediante esa lectura, as elites comprenden que hai moitos feminismos, máis ou menos ameazantes, que dispoñen a aceptar, e nos cales poden disputar a hexemonía e a delimitación da súa axenda. Aqueles que estamos convencidos da superioridade normativa e práctica da democracia, estamos en condicións de afirmar que a tendencia autoritaria do réxime concirne aos pobos. Ergo: Son os pobos os que sofren a persecución de movementos sociais, a censura de rapeiros e tuiteiros ou a represión contra os defensores da autodeterminación nacional. Non necesitamos concordar plenamente coas preferencias defendidas para entender que se trata da dignidade democrática de todos (nós) e non do capricho de certos grupos sociais.

O único eles, o único inimigo en todo isto é a oligarquía, sumida nunha decadencia moral e política dende fai moitos anos, e perante a cal existen hoxe dous focos de transformación social (tendo en conta o peche do Podemos Pos-15M): 1) O movemento en defensa da autodeterminación en Cataluña e 2) o movemento feminista.

Situados nas correntes racionais e transformadoras da sociedade civil, son os dous movementos que a día de hoxe teñen máis capacidade de arrincar unha transformación social (xa en marcha). O contido de ambos é xusto e desexable, e son competentes na dirección do cambio político no estado español: tanto na disputa da hexemonía cos grupos dominantes como na capacidade de adherir aos de abaixo.

Hoxe, abrir xanelas de cambio, ou como mínimo, manter abertas as iniciadas a partir do 15M pasa por comprender estes dous focos como centrais nunha transformación social, necesariamente feminista e plurinacional.

SOBRE O AUTOR

Nicolas Filgueiras González. Estudante de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe sobre diversos temas, pero interésase especialmente na teoría e a economía política.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s