Deixar de morder a almofada

A imaxe tan simplista que a esquerda ten do conservadorismo impídelle entender que as ferramentas das que fai uso para crear cohesión social son entregadas por ela mesma. Mordemos a almofada porque menosprezamos as súas armas.

En moitas ocasións consideramos ao conservadorismo como unha sorte de esquizofrenia, unha festa de fascistas e borregos. Craso erro: infravalorar ao intelectual orgánico. Teño a sensación de que non entendemos a semántica dos conservadores, e que exhibimos unha frustración constante coa mesma. Creo que sirve de exemplo a construción nacional de Ciudadanos.

97e48983-2696-42eb-a145-eff70334d4fb(1)

                                     Manos dibujadas, M.C. Escher (1948)

A cuestión nacional que alardea e a que debe o seu éxito C´s é unha idea entregada por nós. Incapaces de artellar unha proposta plurinacional e popular, entregamos a idea nacional ao conservadorismo. “España Ciudadana” ten un valor intelectual que non entendemos, e que non captaremos tachando a quen comparta o seu discurso como “fascista”, “facha”, “borrego”, etc..

O valor intelectual deste discurso é o que capta o retorno do reprimido, capta contidos que non desaparecen por moito que chamemos fascista a quen se sinte orgulloso de ser Español. C´s insta a que volten antigas representacións desa idea de España na que non hai conflito social, na que todo é mercadoría e na que só cabe unha nación, en singular.
Cando retorna o reprimido comeza a frustración, o pesimismo, aquilo que dabamos por sentenciado pola historia, aquilo que debería estar no lixo da historia non o está. Non o entendemos, simplemente reaccionamos contra aquilo que reconfigura as atribucións simbólicas nas que nos acomodamos. Neste caso, a reconfiguración camiña nun sentido conservador e reaccionario (cara unha idea exclusiva de España, homoxénea e singular), ao cal reaccionamos con frustración, que lle resulta funcional ao poder.

A frustración non pode cambiar nada, polo que pasa necesariamente por unha acomodación á constelación simbólica imperante (e dinámica). En certo modo, esta acomodación simbólica do que podemos chamar “esquerda social” serve para o exercicio da función hexemónica polas clases dominantes. O discurso da frustración é entendible, máis non pode transformar absolutamente nada porque expresa a incapacidade de materializar unha expectativa, é unha relación viciada, neste caso, co obxecto da política: o poder.

O conservadorismo en España, lonxe de ser un puñado de imbéciles, consolidou un sistema político pechado que reacciona eficazmente a calquera intento de transformación. Teñen efectividade á hora de pechar oportunidades políticas, mesmo de aproveitalas ao seu favor. Máis alá! O conservadorismo foi capaz de elevar a C´s como un proxecto capaz de adherir aos de abaixo na defensa do réxime, e por se fose pouco manter os consensos establecidos polas elites (privatizar o público, evitar a disensión…). C´s ofrece un discurso construído a partir dun inimigo interno (que define a súa idea de España), capaz de articular unha sorte de atomismo centralista e neoliberal (Cidadán-Consumidor Español).

O réxime consolida as tendencias conservadoras e exclúe as racionais e transformadoras. Nada mellor para o réxime que, tras unha crise orgánica, articular novamente o consentimento activo da sociedade civil para o consenso do centrismo liberal. Lembremos que, a falta de alternativas transformadoras capaces de disputar a dirección actual, boa parte dos cidadáns asumiran as propostas desta magnífica operación do réxime: C´s.

A batalla das ideas é súa. Cando menos, nos últimos meses, o feminismo e a defensa da autodeterminación en Cataluña foron os únicos escenarios capaces de contradicir as posicións do réxime. O primeiro foi capaz de marcar a axenda dos poderosos e adherir aos de abaixo nun proxecto que aspira a ser emancipador. O segundo foi capaz do mesmo en Cataluña. Co primeiro empregouse un poder intelixente, consistente en disputar o horizonte e sentido dun movemento potencial, aínda que de momento non foron capaces. Co segundo, a falta dun poder sedutor ou intelixente, pasaron a formas de poder duro, é dicir, represivo e autoritario (precisamente porqué xa é hexemónico en Cataluña).

Pese a quen lle pese, as elites do Reino Español son de todo menos imbéciles. E nós, para evitar que sigan dominando, temos que deixar de morder almofada.

SOBRE O AUTOR

Nicolás Filgueiras González. Estudante de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe sobre diversos temas, pero interésase especialmente na teoría e a economía política.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s